Parlamento do Reino Unido

Institución legislativa suprema do Reino Unido
(Redirección desde «Parlamento Británico»)

O Parlamento do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte é a institución lexislativa suprema no Reino Unido e nos Territorios Británicos de Ultramar e goza de soberanía parlamentaria). Á cabeza está o Soberano. É bicameral, incluíndo unha Cámara alta, chamada Cámara dos lords, e unha Cámara baixa, chamada Cámara dos Comúns do Reino Unido.

As Cámaras do Parlamento, preto da Ponte de Westminster

A Cámara dos Lords inclúe dous diferentes tipos de membros: Os Lords Espirituais (os clérigos sénior da Igrexa de Inglaterra) e os Lords Temporais (membros da nobreza). Os membros desta cámara son elixidos pola nobreza, antes eran herditarios, pero na actualidade só dous postos son herditarios. Doutra banda, os membros da Cámara dos Comúns son elixidos democraticamente. A Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns reúnense en Salóns separados no Palacio de Westminster (comunmente coñecido como as Cámaras do Parlamento), en Londres a capital británica (máis precisamente, no municipio; e cidade;coñecida como Cidade de Westminster). Por convención constitucional, todos os ministros de goberno, incluíndo ao Primeiro Ministro son elixidos dende a Cámara dos Comúns ou da Cámara dos Lores.

O Parlamento estableceuse en 1707 como Parlamento de Gran Bretaña logo da unión de Inglaterra e Escocia, e dos seus parlamentos que se desenvolveran a partir dos antigo concilios que aconsellaban ao soberano. En teoría, o poder non é do Parlamento senón da Raíña "Queen-in-Parliament" ou do Rei ("King-in-Parliament"). A miúdo dise que a Raíña ten autoridade soberana, con todo esta posición é debatible. Nos tempos modernos, o poder real está nas eleccións democráticas das Cámara dos Comúns. O Soberano actúa só como unha figura decorativa e os poderes da Cámara dos Lordes están amplamente limitados. En 1801 pasou a denominarse Parlamento do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e dende 1927 leva o nome oficial de Parlamento do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte.

O Parlamento Británico é a miúdo chamado a "Nai dos Parlamentos", dado que os poderes lexislativos de moitas nacións; os máis destacados, son os membros da Commonwealth; adoptaron este modelo. Con todo, esta é unha frase de John Bright, quen remarcou o 18 de xaneiro de 1865 que "Inglaterra é a Nai dos Parlamentos" no contexto de apoiar as demandas para os dereitos ao voto nun país que iniciara o goberno parlamentario.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar