Goberno de Xibraltar

O Goberno da Súa Maxestade de Xibraltar é o goberno democraticamente elixido do territorio británico ultramarino de Xibraltar. O goberno ten a Raíña Isabel II (representada por un Gobernador - actualmente, Sir Adrian Johns) como o seu xefe de Estado. As eleccións celébranse cada catro anos, cun parlamento unicameral de 18 membros (17 membros elixidos por voto popular e un membro, o "Speaker", nomeado polo Parlamento). Os mandatos son tamén de catro anos.[1]

O Parlamento en sesión.

O Executivo

editar

O gobernandor nomea o líder do partido maioritario (ou da coalición maioritaria) como ministro xefe (xefe de goberno).[1]

O Lexislativo

editar

O Gabinete (Consello de ministros) fórmano, polo xeral, nove dos 17 membros electos do Parlamento, elixidos polo ministro xefe, coa aprobación do gobernador.[2] Os sete membros restantes constitúen a oposición (Gabinete á sombra).[1]

Consello de Ministros

editar

O Gabinete elixido en 2011:[3]

Nome Función ministerial
O Hon. Fabian Picardo Ministro xefe
O Hon. Dr. Joseph Garcia Viceministro xefe
O Hon. Dr. John Cortes Ministro da Sanidade e medio ambiente
O Hon. Charles Bruzon Ministro da Vivenda e da terceira idade
A Hon. Samantha Sacramento Ministra da Igualdade e servizos sociais
O Hon. Gilbert Licudi Ministro da Educación, servizos financeiros, xogos, telecomunicacións e xustiza
O Hon. Joe Bossano Ministro de Empresas, formación e emprego
O Hon. Neil Costa Ministro de Turismo, transporte público e Porto
O Hon. Paul Balban Ministro de Tráfico, seguridade e hixiene e servizos técnicos
O Hon. Steven Linares Ministro de Deporte, cultura, patrimonio e xuventude
  1. 1,0 1,1 1,2 Central Intelligence Agency (ed.). "Gibraltar". The World Factbook (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12-04-2018. Consultado o 14-09-2012. 
  2. Isolas Gibraltar Lawyers (ed.). "Gibraltar Parliament" (en inglés). Consultado o 14-09-2012. 
  3. Gibraltar Chronicle, ed. (13-12-2011). "Picardo Announces New Govt. Ministerial Portfolios" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29-04-2012. Consultado o 14-09-2012. 

Ligazóns externas

editar