Abrir o menú principal

Os territorios dependentes son territorios que por diversas razóns non gozan dos privilexios de total independencia ou soberanía e, polo tanto, son gobernados por outros estados, chamados tamén metrópoles. Moitos deles poden ser considerados como colonias.

Os territorios dependentes contan cun sistema administrativo diferente ao da metrópole ou as unidades que conforman a metrópole (por exemplo, provincias e departamentos). Polo xeral gozan de menores dereitos administrativos e políticos que unha subunidade nacional (autonomía ou goberno local). Este tipo de administración varía segundo o nivel de dependencia do territorio. Así existen territorios completamente deshabitados.

A maioría destes estados dependentes corresponden a illas de baixa poboación que non poden soster un goberno autónomo.

Lista de territorios dependentesEditar

Territorio País Superficie Poboación Tipo de dependencia
  Åland   Finlandia 6.784 km² 26.711 Provincia autónoma
  Akrotiri e Dhekelia   Reino Unido 154 km² 14.500 Bases soberanas
  Antártida ' 14.000.000 km² 1.000 Reclamacións territoriais de sete países, conxeladas en virtude do Tratado Antártico
  Anguila   Reino Unido 91 km² 12.800 Territorio de ultramar
  Antillas Neerlandesas   Países Baixos 960 km² 212.226 País autónomo
  Aruba   Países Baixos 180 km² 103.000 País autónomo
  Bermudas   Reino Unido 53 km² 64.482 Territorio de ultramar
  Groenlandia   Dinamarca 2.166.086 km² 56.375 Territorio autónomo
  Guam   Estados Unidos 549 km² 163.941 Área organizada non incorporada
  Guantánamo   Estados Unidos 116 km² 550 Base militar arrendada a Cuba
  Guernsey   Reino Unido 78 km² 65.031 Dependencia da Coroa
  Hong Kong   China 1.092 km² 7.303.334 Rexión administrativa especial
  Illa Bouvet   Noruega 58,5 km² 0 Sen status
  Illa Clipperton   Francia 7 km² 0 Illa non incorporada
  Illa de Man   Reino Unido 572 km² 75.049 Dependencia da Coroa
  Illa Montserrat   Reino Unido 102 km² 9.341 Territorio de ultramar
  Illa de Nadal   Australia 135´0 km² 1.500 Territorio sen autogoberno
  Illa Norfolk   Australia 34,6 km² 1.828 Territorio externo
  Illas Ashmore e Cartier   Australia 5,0 km² 0 Territorio sen autogoberno
  Illas Caimán   Reino Unido 260 km² 41.934 Territorio de ultramar
  Illas Cocos   Australia 14,2 km² 629 Territorio externo
  Illas Cook   Nova Zelandia 240 km² 21.388 Estado asociado
  Illas Dispersas   Francia 80 km² 0 Illa non incorporada
  Illas Feroe   Dinamarca 1.399 km² 48.228 Territorio autónomo
  Illas Heard e McDonald   Australia 412 km² 0 Territorio externo
  Illas Marianas do Norte   Estados Unidos 477 km² 80.006 Estado Libre Asociado
  Illas Malvinas   Reino Unido 12.173 km² 2.967 Territorio de ultramarTerritorios reclamados por Arxentina, pero baixo administración británica
  Illas do Mar do Coral   Australia 3,0 km² 0 Territorio externo
  Illas Periféricas Menores dos Estados Unidos   Estados Unidos 34 km² 0 Reservas naturais non incorporadas
  Illas Pitcairn   Reino Unido 47 km² 46 Territorio de ultramar
  Illas Virxes Británicas   Reino Unido 153 km² 22.643 Territorio de ultramar
  Illas Virxes Estadounidenses   Estados Unidos 35 km² 124.778 Área organizada non incorporada
  Jan Mayen   Noruega 373 km² 0 Sen estátus
  Macau   China 27,3 km² 451.000 Rexión administrativa especial
  Mayotte   Francia 374 km² 193.633 Colectividade de ultramar
  Niue   Nova Zelandia 260 km² 2.166 Estado asociado
  Nova Caledonia   Francia 19.060 km² 216.494 País de ultramar
  Polinesia Francesa   Francia 4.167 km² 270.485 Territorio de ultramar
  Porto Rico   Estados Unidos 9.104 km² 3.916.632 Estado libre asociado
  Samoa Americana   Estados Unidos 199 km² 57.881 Área non organizada nin incorporada
  Saint-Pierre-et-Miquelon   Francia 242 km² 7.012 Colectividade de ultramar
  Santa Helena   Reino Unido 410 km² 7.460 Territorio de ultramar
  Svalbard   Noruega 62.049 km² 2.701 Territorio
  Territorio Británico do Océano Índico   Reino Unido 60 km² 3.500 Territorio de ultramar
  Territorios Austrais Franceses   Francia 7.829 km² 0 Territorio de ultramar
  Tokelau   Nova Zelandia 10 km² 1.405 Territorio asociado
  Turks e Caicos   Reino Unido 430 km² 20.556 Territorio de ultramar
  Wallis e Futuna   Francia 274 km² 16.025 Territorio de ultramar
  Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur   Reino Unido 3.093 km² 0 Territorio de ultramar, territorios reclamados por Arxentina, pero baixo administración británica
  Illa de Jersey   Reino Unido 116 km² 90.812 Dependencia da Coroa
  Xibraltar   Reino Unido 6,5 km² 27.776 Territorio de ultramar

Véxase taménEditar