Abrir o menú principal

Terras Austrais e Antárticas Francesas

(Redirixido desde "Territorios Austrais Franceses")

Coordenadas: 49°15′00″S 69°10′01″L / -49.250, 69.167

Terres australes et antarctiques françaises
Terras Austrais e Antárticas Francesas
Bandeira dos Terras Austrais e Antárticas Francesas
Escudo dos Terras Austrais e Antárticas Francesas
BandeiraEscudo
TAAF-fr.png
Capital
 Poboación
Port-aux-Français¹
~100
Lingua oficialFrancés
Forma de gobernoColectividade de ultramar de Francia
Cécile Pozzo di Borgo
DependenciaDe Francia
SuperficiePosto 170º
 • Total7.829 km²
 • % augaDesprezable
Fronteiras0 km km
Costas1.232 km km
 • Total~100 hab.
 • Densidade0.01 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
Moedan/d
IDHn/d
XentilicioDos Territorios Austrais Franceses
Fuso horarioUTC +4 Illas Crozet
UTC +5 Kerguelen e as illas Saint Paul e Amsterdam
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.tf
Prefixo telefónicon/d
Prefixo radiofóniconon ten
Código ISO260 / ATF / TF
¹ Localízase en Kerguelen.

Os Territorios Austrais Franceses[1] (francés: Terres australes et antarctiques françaises, TAAF) son un conxunto de dependencias de ultramar pertencentes a Francia. A denominación francesa oficial (Terres austrais et antarctiques françaises) implica a reivindicación de territorios antárticos, non recoñecida internacionalmente. Consisten en:

  1. Illas Kerguelen ( Archipel des Kerguelen), un grupo de illas volcánicas no sur do Océano Índico, ao sueste de África, aproximadamente equidistante entre África, Antártida e Australia;
  2. Saint-Paul e as illas Amsterdam, un grupo ao norte das Kerguelen;
  3. Illas Crozet ( Îles Crozet), un grupo no sur do Océano Índico, ao sur de Madagascar;
  4. Terra Adelia ( Terre Adélie), a demanda francesa no continente da Antártida;
  5. As Illas dispersas do Océano Índico (Îles Éparses), un grupo disperso de illas ao redor da costa de Madagascar.

Ás veces o territorio denomínase Territorios Austrais Franceses (francés: Terres australes françaises) ou territorios meridionais franceses, normalmente para resaltar o non recoñecemento da soberanía francesa sobre a Terra Adelia como parte do sistema do Tratado Antártico.

Aproximadamente de 150 (no inverno) a 310 (no verán) persoas viven nas terras meridionais e antárticas francesas pero só son militares, funcionarios, investigadores científicos e persoal de apoio. O territorio non ten legalmente poboación civil permanente.[2]

O 5 de xullo de 2019, as terras e mares austrais franceses foron inscritos como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[3]

XeografíaEditar

O territorio comprende o arquipélago de Kerguelen, o de Crozet e as Illas Saint-Paul e Amsterdam. En total o territorio posúe unha superficie de 7.829 km² (sen incluír as terras antárticas), cunha poboación variable que non supera os 200 habitantes na súa ocupación álxida. As terras antárticas que Francia reivindica é a denominada Terra Adelia (Terre Adélie), onde se sitúa a estación permanente Dumont D'Urville; en total, uns 432.000 km².

Os territorios adminístranse desde Saint-Denis, capital do departamento da illa Reunión.

Flora e faunaEditar

As comunidades terrestres das illas do sur son relativamente pobres e degradadas, pero o seu endemismo é alto: o 90% dos invertebrados de Crozet só viven nas illas subantárticas do Océano Índico e o 55% están presentes no arquipélago. Estes actúan como sentinelas en termos de cambio climático e o impacto na capa de ozono.

Desde outubro de 2006, foi creada unha reserva natural . Inclúe todas as terras mergulladas (7.000 km²) e os espazos marítimos circundantes (15.700 km²).

Terras e mares austrais franceses
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País  Francia
LocalizaciónOcéano Índico
TipoNatural
CriteriosVII, IX, X
Inscrición2019 (43º sesión)
Rexión da UNESCOÁfrica/Europa e América do Norte
Identificador1603

AdministraciónEditar

Terras Austrais e Antárticas Francesas forman un territorio de ultramar de Francia desde 1955. Anteriormente, eran administrados por París por un administrador superior asistido por un secretario xeral, desde decembro de 2004, o seu administrador é un prefecto, actualmente Rollon Mouchel-Blaisot, con sede en Saint-Pierre na Illa da Reunión.

O territorio está dividido en cinco distritos:

Distrito Capital Poboación
invernal
Poboación
veraniega
Área
(km²)
ZEE
(km²)
Illa Saint Paul e Amsterdam Martin-de-Viviès 25 45 61 502533
Arquipélago Crozet Alfred Faure 25 45 352 567.475
Arquipélago das Kerguelen Port-aux-Français 70 110 7.215 563.869
Terra Adelia Dumont d'Urville Station 30 110 432.000 -
Illas dispersas(1) Saint-Pierre(2) 56 56 38´6 593.276
TAAF Saint-Pierre(3) 150 310 439.781 2274277

(1) Segundo a lei 2007-224 de 21 de febreiro 2007 illas dispersas constitúen o 5º distrito das TAAF. O sitio web da TAAF non mencionan a súa poboación. Os datos non se inclúen nos totais.
(2) A principal estación das illas dispersas está en Tromelin. A sede do xefe de distrito, San Pedro, que é tamén a capital da Reunión, atópase fóra da TAAF.
(3) A estación principal do territorio é Martin-de-Viviès en Amsterdam. A capital e sede da administradora do territorio, San Pedro, que é tamén a capital da Reunión, atópase fóra da TAAF.

 

NotasEditar

  1. "List of countries, territories and currencies". Interinstitutional style guide. Publications Office. 2008-06-12. Consultado o 2008-06-29. 
  2. "The TAAF do not have any permanent population." "The French Southern and Antarctic Lands". French Southern and Antarctic Lands administration. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2017. Consultado o 31 de maio de 2016. 
  3. "Five sites inscribed on UNESCO’s World Heritage List". UNESCO. 5 de xullo de 2019.