Illa Heard e Illas McDonald

As Illas Heard e McDonald son un conxunto de illas deshabitadas pertencentes a Australia desde 1947 no Océano Índico.

Illa Heard e Illas McDonald
Heard Island.jpg
Kerguelen-Location.JPG
Localización da illa Heard e das illas McDonald
Situación
PaísAustralia Australia
MarOcéano Índico
Coordenadas53°06′S 73°31′L / -53.100, -73.517
Xeografía
Superficie368 km²
Punto máis alto2.745 m. Mawson Peak
Demografía
PoboaciónDeshabitadas
Heard Island, from NASA World Wind

A Illa Heard é montañosa, dominada polo Mawson Peak, un volcán dunha altura de 2.745. Con esta altura, o Mawson Peak eríxese como a montaña máis alta de Australia. A súa veciña, a Illa McDonald é pequena e rochosa. Ambas suman un total de 412 km² de superficie e sitúanse na Meseta de Kerguelen. O territorio inclúe a illa de Shag. Non posúen nin baías nin portos.

Estas illas son territorios australianos administrados desde Canberra pola División Australiana Antártica do Departamento Australiano do Medio. Actualmente son habitadas por unha gran cantidade de focas e aves, polo que foron declaradas Patrimonio Natural e son principalmente visitades con fins de investigación científica.

A pesar de non ter ningún tipo de actividade económica, asignóuselle o código internacional HM e o dominio internet .hm.

HistoriaEditar

Illa Heard e Illas McDonald
 
Mapa das illas
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País  Australia
Localización53°05′37″S 73°31′01″L / -53.09361, -73.51694
TipoNatural
CriteriosVII, IX
Inscrición1997 (21ª sesión)
Rexión da UNESCOAsia e o Pacífico
Identificador577
 
Mapa das illas Heard e McDonald

Ata 1833, as illas non foron visitadas por expedicionarios, e probablemente nunca sexan habitadas por home algún. Peter Kemp, un mariño inglés, foi a primeira persoa en avistar a Illa Heard, o 27 de novembro de 1833 durante unha viaxe desde Kerguelen á Antártica

O Capitán nortamericano John Heard, no seu buque Oriental, divisou a illa o 25 de novembro de 1853 na súa ruta desde Boston a Melbourne. Reportou do seu descubrimento un mes máis tarde, polo que a illa foi bautizada co seu nome. Coincidentemente, o Capitán William McDonald, a bordo do Samarang descubriu a Illa McDonald próxima á Illa Heard o 4 de xaneiro de 1854.

Con todo, ninguén desembarcou nas illas ata 1855, cando mariños do Corinthian liderados polo Capitán Erasmus Darwin Rogers fixérono. Durante o período de caza de focas entre 1855 e 1880, un importante número de cazadores estadounidenses pasaban máis dun ano na illa, vivindo en paupérrimas condicións. Xa en 1880, a maior parte da poboación de mamíferos mariños desaparecera, polo que os cazadores abandonaron a illa. En resumo, máis de cen mil barrís de aceite de elefante mariño foi producido durante este período.

En 1997, as illas foron declaradas Patrimonio da Humanidade.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar