Wallis e Futuna
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Coordenadas: 13°18′S 176°12′O / -13.300, -176.200
Wallis e Futuna, oficialmente o Territorio das illas Wallis e Futuna[1] (/ˈwɒlɪs ... fuːˈtuːnə/; francés: Wallis-et-Futuna [walis e futuna] ou Territoire des îles Wallis-et-Futuna, é unha colectividade francesa no Pacífico Sur, situado entre Tuvalu ao noroeste, Fidxi ao suroeste, Tonga ao sueste, Samoa ao leste, e Tokelau ao nordés.
Territorio das Illas Wallis e Futuna | |||
---|---|---|---|
Territoire des Îles Wallis et Futuna | |||
| |||
| |||
![]() | |||
Lema: Avec la grande poire pour conquérir la mer (Galego: Ca grande pera (Perón) a conquistar o mar) | |||
Capital • Poboación | Matāʻutu 1 191 (2003) | ||
Cidade máis poboada | Matāʻutu | ||
Lingua oficial | Francés1 | ||
Forma de goberno | Colectividade de ultramar de Francia | ||
Emmanuel Macron Jean-Francis Treffel David Vergé | |||
Dependencia de Francia | Desde 1837 | ||
Superficie | Posto 213º | ||
• Total | 142´42 km² | ||
• % auga | Desprezable | ||
Fronteiras | 0 km | ||
• Total (2018 censo) | 11558 hab. | ||
• Densidade | 83´55 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
Moeda | Franco CFP (XPF ) | ||
IDH | n/d | ||
Xentilicio | De Wallis e Futuna | ||
Fuso horario | UTC+12 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .wf | ||
Prefixo telefónico | +681 | ||
Prefixo radiofónico | n/d | ||
Código ISO | 876 / WLF / WF | ||
1 En toda Francia. | |||
A capital é Matāʻutu, tamén capital da illa Wallis e cidade máis grande. A súa superficie é de 14 242 km2 (5 499 sq mi). Tiña unha poboación de 11.558 no censo de 2018 (en comparación con 14.944 no censo de 2003).[2][3] O territorio está formado por tres principais illas tropicais volcánicas e unha serie de pequenos illotes. Divídese en dous grupos de illas que se atopan a uns 260 km (160 mi): Wallis (tamén coñecidas como Uvea) no nordés, as Illas Hoorn (tamén coñecidas como illas Futuna) no suroeste, incluíndo Futuna propiamente dita e a Illa Alofi, maioritariamente deshabitada, o arquipélago atópase entre Nova Caledonia e Tahití.
Desde o 28 de marzo de 2003, Wallis e Futuna é unha Colectividade francesa de ultramar (collectivité d'outre-mer, ou COM).[4] Entre 1961 e 2003 tivo a condición de territorio francés de ultramar (territoire d'outre-mer ou TOM). O seu nome oficial non cambiou cando cambiou o seu estado.
Estas illas de relevo volcánico e coas costas, protexidas por un cinto de arrecifes, son difícil acceso. O clima é tropical, caloroso e húmido.
As illas Wallis e Futuna son tres monarquías tradicionais : Wallis, Alo e Sigava, onde os reis gobernan con consellos elixidos e mailo representante do Estado francés.
A moeda é o franco CFP.
Historia Editar
A pesar de que foron descubertas polos holandeses e os ingleses durante os séculos XVII e XVIII, foron os franceses os primeiros europeos en asentarse no territorio, isto coa chegada de misioneiros franceses en 1837 os cales converteron ao catolicismo á poboación local. O 5 de abril de 1842, os reis solicitaron a protección de Francia logo dunha rebelión por parte da poboación local. En abril de 1887, a Raíña de Uvea (na illa de Wallis) asinou un tratado establecéndose oficialmente o protectorado francés. Os reis de Sigave e Alo nas illas de Futuna e Alofí tamén asinaron un tratado establecendo o protectorado o 16 de febreiro de 1888. As illas foron postas baixo a autoridade do Imperio Colonial Francés de Nova Caledonia.
En 1917, os tres reinos tradicionais foron anexados a Francia e convertidos na Colonia de Wallis e Futuna, a cal seguiu baixo a autoridade de Nova Caledonia.
En 1959, os habitantes das illas votaron por converterse nunha Territorio de Ultramar Francés, estatuto que entrou en vigor en 1961, terminándose así a subordinación a Nova Caledonia.
Política Editar
O territorio esta dividido nos tres reinos tradicionais: Uvea na illa de Wallis, Sigave na parte occidental de Futuna e Alo na illa de Alofí e na parte oriental de Futuna. A capital do territorio é Mata-Utu, na illa de Wallis. Por ser un territorio de Francia, está rexido pola Constitución Francesa do 28 de setembro de 1958, usa o sistema legal francés e o voto é universal para aqueles maiores de 18 anos. O Alto Comisionado é elixido polo presidente francés, aconsellado polo Ministro do Interior francés, o Presidente do Goberno Territorial e a Asemblea Territorial son elixidos polos membros da asemblea.
O Xefe de Estado é o presidente de Francia, representado polo Alto Comisionado. O xefe de goberno é o Presidente da Asemblea Territorial. O Consello do Territorio está formado polos tres reis e por tres membros apuntados polo alto comisionado xunto coa Asemblea Territorial.
Wallis e Futuna elixen un senador para o Senado francés e un deputado para a Asemblea Nacional Francesa.
A xustiza é administrada baixo a Lei Francesa por un tribunal de primeira instancia en Mata-Utu, pero os tres reinos tradicionais administran a xustiza de acordo aos seus costumes (só en casos non criminais). A corte de apelacións esta en Numea, Nova Caledonia.
Xeografía Editar
Wallis e Futuna esta localizada a preto de dúas terceiras partes do camiño entre Hawai e Nova Zelandia.
O territorio inclúe a illa de Wallis (a máis poboada), e as Illas Hoorn formadas pola illa de Futuna, a illa inhabitada de Alofi (toda a poboación de Alofi foi comida polo pobo caníbal de Futuna nun só ataque no século XIX) e por 20 illotes inhabitados, sumando un total de 274 km² con 129 km de costa. O punto máis alto do territorio é Monte Singavi na illa de Futuna con 765 m.
Contan cun clima cálido e chuvioso dos meses de novembro a abril, e fresco e seco de maio a outubro. A precipitación anual é da orde dos 2500 a 3000 mm. A humidade media é do 80% e a temperatura de 26.6 °C.
Só o 5% da terra das illas é cultivable. A deforestación (só quedan pequenas porcións do bosque orixinal), en gran medida como resultado do uso da madeira como combustible, é un serio problema, e como consecuencia desta, o chan montañoso de Futuna atópase particularmente propenso á erosión. Non existen asentamentos permanentes en Alofí debido á falta de fontes de auga doce.
Illas Editar
Illa | Capital | Outras cidades | Superficiea (km2) | Poboación[5] |
---|---|---|---|---|
Wallis e Futuna | Matāʻutu | Leava, Vaitupu, Alele, Liku, Falaleu, Utufua | 142.42 | 11,558 |
Illas Hoorn (Illas Futuna e Alofi) | Leava | Fiua, Nuku, Taoa, Mala'e, Ono, Vele | 64.1 | 3,225 |
Alofi | 17.8 | 1 | ||
Futuna | Leava | Toloke, Fiua, Vaisei, Nuku, Taoa, Mala'e, Kolopelu, Ono, Kolia, Vele, Kolotai, Laloua, Poi, Tamana, Tuatafa, Tavai | 46.3 | 3,225 |
Faioa | 0.68 | 0 | ||
Fenuafo'ou | 0.03 | 0 | ||
Fugalei | 0.18 | 0 | ||
Ilot St. Christophe | Chappel St. Christophe | 0.03 | 0 | |
Luaniva | 0.18 | 0 | ||
Nukuatea | 0.74 | 0 | ||
Nukufotu | 0.04 | 0 | ||
Nukuhifala | Nukuhifala | 0.067 | 4 | |
Nukuhione | 0.02 | 0 | ||
Nukuloa | Nukuloa | 0.35 | 10 | |
Nukutapu | 0.05 | 0 | ||
Nukuteatea | 0.1 | 0 | ||
Outras | Nukuato | 0.043 | 0 | |
Tekaviki | 0.01 | 0 | ||
Wallis | Mata-Utu | Vaitupu, Alele, Liku, Falaleu, Utufua, Mala'efo'ou, Mala'e | 75.8 | 8,333 |
Other | 0 | 0 | ||
Wallis e Futuna | Mata-Utu | Leava, Vaitupu, Alele, Liku, Falaleu, Utufua | 142.42 | 11,558 |
Economía Editar
A economía do territorio esta limitada á agricultura de subsistencia, co 80% da poboación traballando na agricultura (cocoteiros e vexetais), gandería (porcos principalmente) e pesa. Cerca do 4% da poboación é empregada no goberno. Os principais ingresos proveñen dos subsidios do goberno francés, licenzas de pesca outorgados ao Xapón e Corea do Sur, impostos por importacións e as remesas dos traballadores expatriados en Nova Caledonia.
O produto interno bruto en 1995 foi de US$ 28.7 millóns, preto de US$ 2,000 per capita. O territorio ten ingresos de preto de US$20 millóns anuais, contra gastos por US$17 millóns.
A principais industrias do territorio son a copra, utensilios, pesca e a madeira. A produción de alimentos inclúe o froito da árbore do pan, plátanos, cocos, porcos e ovellas. O comercio exterior realízase sobre todo con Francia, Australia e Nova Zelandia.
O territorio utiliza o Franco CFP, do mesmo xeito que os outros territorios franceses no Pacífico: Nova Caledonia e a Polinesia Francesa. O Franco CFP está atado ao Euro a unha taxa de 1,000 XPF = 8.38 Euros.
Demografía Editar
O total da poboación do territorio en 2003 foi de 14.944 (67,4% na illa de Wallis, 32.6 en Futuna), a gran maioría é de orixe polinesio e en menor proporción de orixe francesa. Máis de 16.025 persoas orixinarias de Wallis e Futuna viven expatriados en Nova Caledonia. A maioría da poboación profesa a fe católica, falan francés e o idioma polinesio local. A metade da poboación con máis de 15 anos sabe ler e escribir.
Cultura Editar
A cultura das illas é tipicamente polinesia. Notablemente a música das illas conta cunha rica tradición.
Transporte e Comunicacións Editar
En 1994 o territorio tiña 1.125 teléfonos en uso, 1 estación de radio AM e 2 estacións de televisión. Na illa de Wallis existen preto de 100 km de estradas, 16 pavimentados, mentres que en Futuna só hai 20 km, ningún pavimentado. O territorio conta con dous portos, Leava (na illa de Futuna), e Mata-Utu, o cal alberga á mariña mercante consistente de 3 barcos totalizando 92.060 GRT: 2 barcos de pasaxeiros e un petroleiro. Existen 2 aeroportos, un cunha pista pavimentada de 2.000 m de longo e outra con 1.000 m sen pavimentar.
Notas Editar
- Referencias
- ↑ Modelo:Cite French law.
- ↑ INSEE. "Les populations légales de Wallis et Futuna en 2018". Consultado o 2019-04-07.
- ↑ INSEE. "Wallis et Futuna a perdu près du cinquième de sa population en dix ans" (en francés). Consultado o 2019-04-07.
- ↑ "Wallis-et-Futuna". outre-mer.gouv.fr (en francés). Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ "Population municipale des villages des îles Wallis et Futuna (recensement 2018)". INSEE. Consultado o 21 de febreiro 2020.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wallis e Futuna |
Ligazóns externas Editar
- Official website of the French Administrateur supérieur de Wallis-et-Futuna (en francés)
- Wallis-et-Futuna La 1ère – Online news
- Wikimedia Atlas de Wallis e Futuna.
- GigaCatholic
- Map of Wallis and Futuna, with district boundaries Arquivado 03 de maio de 2006 en Wayback Machine.
- Information about Wallis and Futuna Arquivado 03 de setembro de 2011 en Wayback Machine. (en francés)