Abrir o menú principal
Antillas Maiores ou Grandes Antillas

As Antillas Maiores ou Grandes Antillas son un grupo de illas no mar Caribe localizadas ao leste de Iucatán (México) e sueste da Florida (Estados Unidos) e ao oeste das Antillas Menores ou Pequenas Antillas. O grupo está composto polas illas de Cuba, Xamaica, A Española ou Haití (República Dominicana e Haití) e Porto Rico. As Bahamas, aínda que veciñas, non integran esta unidade xeográfica.

As Grandes Antillas descansan sobre un macizo submarino común e están atravesadas por unha cadea abrupta e elevada de montañas, cuxos picos máis altos oscilan entre dous e tres mil metros que culminan na Española (no Pico Duarte con 3.087 m) e declina, a ambos os dous lados, en Cuba, Xamaica e Porto Rico. Esas montañas están compostas de pedra calcaria, con afloramento doutras rocas, todas elas moito máis antigas que as de orixe eruptivo das Pequenas Antillas e sen pegadas de actividade volcánica recente. As Bahamas, pola contra, son illas de orixe coralino. Antigamente ás Bahamas nin sequera se consideraban como parte das Antillas, aínda que na actualidade se engloba como un terceiro grupo dentro delas (Grandes Antillas, Pequenas Antillas e as Bahamas).

Illas e arquipélagosEditar

Localización Grupo/Illa principal Status político Illas
  Cuba Illa nación Cuba (Illa)
Arquipélago de Sabana
Jardines del Rey
Arquipélago de Camagüey
Arquipélago dos Canarreos
Jardines de la Reina
  Illas Caimán Territorio Británico de Ultramar Gran Caimán
Caimán Menor
Caimán Brac
  Xamaica Illa nación Xamaica (Illa)
Pedro Cays
Morant Cays
  Navassa Área insular dos Estados Unidos Navassa
  Hispaniola e illas cincundantes Illa estado Haiti Hispaniola (parte occidental)
Île de la Tortue
Île de la Gonâve
Île Grande Cayemite
Île à Vache
Illa estado República Dominicana (parte oriental da Hispaniola) Hispaniola (parte oriental)
Cayos de Siete Hermanos
Illa Beata
Illa Saona
  Arquipélago de Puerto Rico Illa estado asociado a USA Puerto Rico (Illa)
Mona e Monita
Desecheo
Caja de Muertos
Vieques
Arquipélago Culebra: Culebra, Culebrita e outras 22 illas

NotasEditar

Ligazóns externasEditar