Segundo o censo de 2010, a poboación da Bretaña era de 4 475 295 persoas, das que o 71% viven na rexión da Bretaña e o 29% no departamento do Loira Atlántico. No ano 2012, as áreas metropolitanas máis grandes eran a de Nantes (897 713 habitantes), Rennes (690 467 habitantes) e Brest (314 844 habitantes). A Bretaña é a nación tradicional do pobo bretón e está recoñecida pola Celtic League como membro das Nacións celtas. Existen movementos nacionalistas que reclaman máis autonomía e a reunificación dos departamentos bretóns.
Os países da Bretaña (en lingua bretoaBroioù kozh Breizh) son as subdivisións tradicionais da Bretaña histórica. Trátase dunha estrutura complexa porque os territorios que a compoñen teñen evolucionado e cambiado ó longo da historia. Distínguense dous niveis de país: os países históricos e os países tradicionais. Dende 1999 e a aprobación da lei de orientación pola xestión e o desenvolvemento sostíbel do territorio (LOADDT), tamén se pode engadir o país « Loi Voynet », aínda que agora so ten un carácter administrativo.
Antes de 1789, a Bretaña foi de xeito simultáneo unha provincia, unha généralité, unha intendencia, unha parte da provincia eclesiástica de Tours, etc. Estas entidades tiñan á súa vez diversas divisións administrativas: os presidios, as senescalías (división xudicial, de 26 a 40 segundo as épocas), as dioceses (división relixiosa, 7 despois 9) etc. Todas estas subdivisións desapareceron trala Revolución Francesa e foron substituídas por unha nova división administrativa única, o departamento.
Os países históricos ou provincias (en bretónbro, en plural broioù) a muído son asimilados ós antigos bispados, mais nalgúns fanse lixeiras distincións. As fronteiras dos bispados foran reorganizadas a fin de axeitalos ós novos límites departamentais o 29 de novembro de 1801. Os broioù son nove: Kernev, Leon, Dreger, Gwened, Zol, Sant Brieg, Sant Malou, Naoned e Roazhon.
O golfo de Morbihan (en bretón: Mor Bihan Gwened, que significa "pequeno mar") é un pequeno mar interior, situado ao sur do departamento de Morbihan, na Bretaña. Ten 20 km de longo e 15 km de ancho. Ábrese polo sur ao océano Atlántico por unha estreita pasaxe entre as vilas de Locmariaquer e Port-Navalo, porto da vila de Arzon. No seu interior cóntanse 43 illas, aínda que a maioría son de superficie moi reducida e non están habitadas, e outras son propiedades privadas. As illas maiores son Izenah e An Arzh, e cada unha forma un concello.
Tradicionalmente, a actividade económica dos habitantes tanto das illas como das ribeiras do golfo sempre estivo moi estreitamente ligada ao mar: a pesca, a colleita de moluscos e as salinas. Case todas as salinas foron transformadas no século XX en granxas para a cría de ostras, aínda que algunhas están sendo recuperadas para a produción artesanal de sal. Máis recentemente, a maior actividade económica do golfo xira en torno ao turismo.
O golfo de Morbiban constitúe unha gran reserva ornitolóxica, con todo tipo de aves tanto de estancia permanentes como en escala migratoria ou en período de cría. Desde 2008 é Reserva Nacional de Caza e de Fauna Silvestre.
O 6 de decembro de 1491 casou con Carlos VIII de Francia e o 8 de febreiro de 1492 foi coroada raíña de Francia na basílica de Saint-Denis. Ao morrer Carlos VIII, en 1498, volveu á Bretaña á cabeza do ducado da Bretaña. Antes de casar con Luís XII (1462-1515), novo rei de Francia, conseguiu a redacción dun contrato que redefinía as relacións entre a Bretaña e Francia: mentres vivise seguiría a ser duquesa da Bretaña, e cando morrese o seu sucesor sería o seu segundo fillo varón. Foi soterrada en Saint-Denis, pero o seu corazón foi depositado na igrexa das Carmelitas en Nantes.