Portal:Grecia


Coat of arms of Greece.svg

Grecia (Gl-Grecia.ogg pronunciación ) (en gregoΕλλάδα/Elláda[eˈlaða] (AFI)Ellada.ogg escoitar ou Ελλάς/Ellás), oficialmente República Helénica (Gl-República Helénica.ogg pronunciación ) (en gregoΕλληνική Δημοκρατία/Elinikí Dimokratía[eliniˈci ðimokraˈti.a] (AFI)) é un país do sueste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica. Fai fronteira con Albania, Macedonia do Norte e Bulgaria polo norte e con Turquía polo leste. O Mar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres o Mar Xónico se atopa no leste, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania. Tanto no seu leste coma no seu oeste, Grecia posúe unha gran cantidade de illas, sendo a maior a Illa de Creta.

Grecia atópase na conxuntura de Europa, Asia e África. A Grecia actual constitúese como herdeira do patrimonio da Grecia antiga, o Imperio Romano o Imperio Bizantino, e o Imperio Otomán. Así mesmo, Grecia é o berce da democracia, a filosofía occidental, os Xogos Olímpicos, a literatura occidental e historiografía, as ciencias políticas, os principios matemáticos, e o drama occidental incluíndo a traxedia e a comedia.

A Grecia actual é un país do primeiro mundo, membro da Unión Europea dende 1981, da Unión económica e monetaria dende 2001, da OTAN dende 1952, da OCDE dende 1961, e da Axencia Espacial Europea dende 2005. Atenas é a súa capital; Salónica e Patras son xunto a capital, as principais cidades do país.

Artigo destacado

editar

Jews of Salonika-1917.jpg
A historia dos xudeus de Tesalónica é a historia da comunidade xudía, principalmente sefardí, que habitou a cidade grega de Tesalónica, tamén chamada Salónica, dende a súa chegada á cidade a finais do século XV ata a súa aniquilación case completa durante a segunda guerra mundial. A comunidade xudía foi durante varios séculos maioritaria na cidade, o que converte a Tesalónica no único caso coñecido de cidade da diáspora con predominio xudeu.

Os xudeus están indisolublemente unidos á historia de Tesalónica, e a influencia da comunidade hebrea desta cidade, tanto na orde cultural como na económica, deixouse sentir en todo o mundo sefardí. Chegaron á cidade, procedentes de España, en 1492 por causa do decreto de expulsión dos xudeus. Durante o século XVI e baixo dominio otomán, a poboación xudía de Tesalónica viviu unha idade de ouro, seguida dun relativo declive ata mediados do XIX, época na cal emprendeu unha importante modernización, tanto económica coma cultural. A historia dos xudeus de Tesalónica tomou un rumbo tráxico no século XX, tras a aplicación da solución final polo réxime nazi, que se traduciu na eliminación física da inmensa maioría dos membros da comunidade.

Cidade destacada

editar

Coat of Arms of Athens.svg
Atenas (en gregoΑθήνα, tr. "Athína"[aˈθina] (AFI)) é a capital da Grecia e tamén a capital da rexión de Ática. Ademais de ser unha cidade moderna, Atenas tamén é famosa por ter sido unha poderosa cidade-Estado e un centro de cultura moi importante nos tempos antigos.

En grego antigo, Atenas era chamada Athenai (Αθήναι) e, no século XIX, este nome foi retomado formalmente como nome da cidade. Desde o abandono oficial do grego Katharevousa na década de 1970, a forma popular Athina converteuse no nome oficial da cidade.

Divisións administrativas
Categorías
Biografía destacada

editar

Aristotle Altemps Inv8575.jpg
Aristóteles de Estaxira (en grego antigo , Ἀριστοτέλης, Aristotélēs), nado no ano 384 a.C. e finado no ano 322 a.C., foi un importante filósofo grego, un dos maiores pensadores de todos os tempos. As súas reflexións filosóficas (por un lado orixinais e por outro reformuladoras da tradición grega) acabaron por configurar un modo de pensar que se estendería por séculos. Prestou inigualábeis contribucións para o pensamento humano, destacando en ética, política, física, metafísica, lóxica, psicoloxía, poesía, retórica, zooloxía, bioloxía, historia natural e outras áreas de coñecemento. É considerado por moitos o filósofo que máis influíu no pensamento occidental.

Aristóteles escribiu cerca de 200 tratados sobre unha enorme variedade de temas transformando case todas as areas do coñecemento que tocou, recoñecido como pai e fundador da lóxica e da bioloxía pois foi o primeiro en realizar as primeiras investigacións. Entre moitas das contribucións, destacan a teoría da xeración espontánea na que se sostiña que moitas formas de vida aparecían de maneira espontánea a partir de materia inerte, ata o ano 1668, cando o químico francés Pasteur postulou a lei da bioxénese, pola cal a teoría de Aristóteles apoiada máis tarde da súa creación por pensadores como Descartes, Bacon ou Newton quedaba totalmente no recordo. Outros traballos seus son a teoría do principio de non contradición, os conceptos de categoría, substancia, acto, potencia e primeiro motor inmóbil. Ademais disto, cabe destacar que Aristóteles foi discípulo de Platón e doutros pensadores como Eudoxo durante os vinte anos que estivo na Academia de Atenas. Foi mestre de Alexandre Magno no reino de Macedonia e na última etapa da súa vida fundou o Liceo en Atenas onde ensinou ata un ano antes da súa morte.

Imaxe destacada
Sabías que...?
Artigos de calidade e bos

editar

Nuvola filesystems services.svg Artigos de calidade (1)

Crystal Clear action bookmark Silver.png Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados

editar

Países de Europa
Historia
Proxectos irmáns