Axencia Espacial Europea

organización intergobernamental dedicada á exploración do espazo
(Redirixido desde "ESA")

Coordenadas: 48°50′53.52″N 2°18′15.12″L / 48.8482000, -2.3042000

A Axencia Espacial Europea (en inglés European Space Agency, tamén coñecida polo acrónimo ESA) é unha organización intergobernamental formada en 1975 dedicada á exploración do espazo. En 2015 contaba con 22 estados membros. As súas oficinas centrais están en París. En 2019 o seu director científico é Günter Hasinger.[2]

ESA logo.png
logo da ESA
Propietario
Establecido30 de maio de 1975 (45 anos)
SedeParís
CosmódromoCentro Espacial de Kourou
AdministradorJohann-Dietrich Wörner
OrzamentoCrecente (crecemento) 6 680€ millóns (2020)[1]
Lingua oficialinglés, francés e alemán.
Webesa.int

HistoriaEditar

Membros da ESAEditar

Os 22 estados membros da ESA son: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Estonia (1 de set de 2015)[3], Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia (2020)[4], Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Suíza.[5]

Directores xeraisEditar

Acordos de cooperaciónEditar

 
     ESA e UE Estados membros     ESA-só membros     UE-só membros
 
Recreación da Mars Express.

Canadá ten un status especial, participando nalgúns proxectos en virtude dun convenio de colaboración. Sete membros da UE son estados europeos colaboradores ou teñen acordos de cooperación con a ESA son: Bulgaria, Chipre,Croacia, Letonia, Lituania, Malta, Eslovaquia e Eslovenia.[10][11]

Relacións coa Unión EuropeaEditar

Do visto anteriormente, dedúcese que non tódolos membros da UE son membros da ESA, nin tódolos membros da ESA, o son da UE. Con todo, a Axencia Espacial Europea mantén lazos coa Unión Europea, por medio do "Tratado Marco ESA/UE".

En virtude do Tratado Marco, ambas organizacións comparten unha estratexia europea para o espazo, e están a desenvolver unha política espacial conxunta. A máis, manteñen tratados de colaboración e financiamento para programas concretos, como o do programa Copérnico.[12]

Preparación e desenvolvementoEditar

As actividades da ESA comprenden unha ampla gama, dende actuacións nos foros políticos e económicos para a procura de apoios e financiamento ata o propio desenvolvemento e seguemento das misións espaciais e a súa preparación. Como exemplos disto último, en canto a seguemento a axencia ten construído estacións de seguemento en España, Australia e Arxentina, e coopera con outras axencias para compartir capacidades,[13] e en canto a preparación, en novembro de 2018 houbo unha simulación dun paseo lunar en Lanzarote, como parte de Pangaea-X.[14]

Unha actividade importante da ESA constitúea a preparación das misións, con centros adicados a iso como o ESTEC Test Centre en Noordwijk, nos Países Baixos, que alberga o LSS (Large Space Simulator, Gran Simulador Espacial) para testado de satélites ás condicións que se poden atopar no espazo.[15]

A preparación das misións inclúe investigación técnica, con desenvolvemento de produtos como Delta-DOR, técnica de navegación do espazo profundo ultraprecisa.

A ESA segue a ampliar e mellorar a súa rede, como pon de manifesto a actualización do radiotelescopio privado de Goonhilly, parte da Estación Terrestre de Goonhilly, en Cornualles, Inglaterra.[13][16]

No 2020 o seu funcionamento viuse afectado pola pandemia da Covid-19.[17]

LanzamentosEditar

En xeral, fanse dende a plataforma de lanzamento de Kourou, na Güiana Francesa. A tecnoloxía de lanzamento é a partir de foguetes Vega, desenvolvidos pola ESA, e Ariane, de Arianespace.

O 3 de setembro de 2020 despegou un Vega cun novo servizo de dispensador de pequenos satélites (Small Spacecraft Mission Service, SSMS), con capacidade de ata sete microsatélites (15-150 kg cada) e 46 cubesat (ata 1 kg) para poñer en órbitas entre 515 e 530 km, en órbitas heliosíncronas.[18]

Programa Horizonte 2000Editar

O programa Horizonte 2000 ('Horizon 2000') é o eixe das actuacións da ESA nas primeiras décadas do século XXI. Da acubillo ás misións Soho e Cluster, XMM-Newton, Herschel, e Rosetta , así como outras de menor envergadura, como Hubble, Cassini-Huygens, Planck, Integral, Gaia e Hipparcos, e cobre tódolos aspectos da ciencia espacial.[19]

Outras misiónsEditar

Entre 2003 e 2008 desenvolveuse a misión Duble Star / Tan Ce en colaboración con China.[20]

A serie PROBA (Project for On-Board Autonomy) desenvolveu o lanzamento de varios microsatélites. O primeiro, o Proba (logo renomeado como Proba-1), foi lanzado o 22 de outubro de 2001 por ISRO. No 2009 foi lanzado Proba-2[21] e no 2013 foi lanzado o satélite Proba-V,[22] o terceiro da serie.

No 2011 foi instaldo na Estación Espacial Internacional o Espectrómetro Magnético Alfa (Apha Magnetic Spectrometer, AMS).[23]

No 2018 tivo lugar o lanzamento do primeiro satélite da misión Aeolus.[24] Ese mesmo ano comezou a perfilarse a misión Lagrange, que espera estar definida a mediados de 2019.[25]

En outubro de 2018 lánzase a Misión BepiColombo a Mercurio en colaboración coa axencia espacial JAXA (Xapón).[26]

No 2019 terá lugar o lanzamento de JUICE, (Jupiter Icy Moons Explorer, Explorador das lúas xeadas de Xúpiter).[27] Nese mesmo ano, estase a preparar o telescopio espacial CHEOPS.[28]

No 2019 acórdase a misión 'Solar wind Magnetosphere Ionosphere Link Explorer', Smile, en cooperación coa China, para explorar a conexión Sol-Terra.[20]

No 2020 Mantén un proxecto en colaboración (HEXAFLY-INT) para o desenvolvemento dun Vehículo experimental de test de vóo (EFTV, polas súas siglas en inglés) para velocidades de Mach 7 que aproveita a propia onda de choque no seu avance atmosférico para 'surfeala'.[29]

En marzo de 2020 o grupo DISC está a empregar a constelación de satélites SWARM está a estudar a anomalía magnética do Atlántico Sur.[30]

En maio de 2020 a ESA anunciou a recollida de ideas para aproveitar o seu proxecto EL3 (European Large Logistics Lander, Gran Módulo Europeo de Alunaxe), que pretende levar misións á superficie da Lúa de xeito regular.[31]

Cosmic VisionEditar

Cosmic Vision é o planeamento da ESA para o período 2015-2025, abranguendo diversas misións, como a Solar Orbiter (primeira misión asignada a Cosmic Vision), en conxunto coa NASA, que comezará a operar en 2010.[32][33]

Outros apartadosEditar

A ESA mantén ademais abertas oficinas sobre diversos temas, como a Prevención de Refugallos Espaciais e a Oficina de Refugallos Espaciais, que publica un informe anual sobre o lixo espacial.[34] Asemade, proporciona información diversa, entre ela sobre parámetros relacionados co cambio climático, para o que ten un portal.[35]

Contribúe con axencias e institucións de diversos países ó lanzamento dos sues propios satélites, como no caso de SEOSAT-Ingenio.[36]

Propostas para o futuroEditar

Aínda co plan Cosmic Vision 2015-2025 en marcha, e tendo en conta que do comezo da concepción dunha misión ata o cumprimento dos seus obxectivos e obtención de resultados científicos poden pasar vinte anos, no 2019 comeza a traballar no programa Voyage 2050, que pretende deseñar os pasos que a ESA dará no período 2035-2050, anunciando por primeria vez o comezo dunha consulta pública.[37] En 2023 ten prevista a misión "Explorador da Ligazón Vento Solar-Magnetosfera-Ionosfera" (SMILE), en colaboración entre Europa e China, que profundizará na relación Sol-Terra.[38]

Amais das misións espaciais, a ESA procura a difusión do seu traballo, a aplicación da tecnoloxía espacial (como no caso do reciclado de auga no espazo, baseado no MELiSSA (Micro-Ecological Life Support System Alternative) aplicado en diversos lugares na superficie terrestre[39]), a aplicación da intelixencia artificial para predicir o futuro terrestre[40] e o ensino do espazo, entre outras actividades,[41] lanzando diversas campañas.[42][43]

NotasEditar

  1. "Orzamento 2020" (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  2. Mediavilla, Daniel (2019-02-13). "“Encontraremos señales de formas simples de vida fuera de la Tierra en los próximos años”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-17. 
  3. "Marking five years of Estonia in ESA". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-09-01. 
  4. "Latvia becomes ESA Associate Member State". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-07-30. 
  5. ESA (ed.). "New Member States" (en inglés). Consultado o 11 de abril de 2015. 
  6. "Jean-Marie Luton, 1942-2020". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-17. 
  7. "Reappointment of ESA Director General and other Directors". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-17. 
  8. "Jean-Jacques Dordain to continue as Director General of ESA". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-17. 
  9. "Jan Wörner, ESA Director General". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-17. 
  10. "40 anos da ESA". Consultado o 26 de setembro de 2015. 
  11. "What is ESA?" (en inglés). Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  12. esa. "New financial resources for Copernicus space component". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-01-22. 
  13. 13,0 13,1 "Beckoning Moon". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-01-24. 
  14. esa. "Preparing astronaut lunar exploration". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-01-24. 
  15. "Mirror array for LSS". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-04-17. 
  16. esa. "Week in images". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-10-11. 
  17. "ESA scales down science mission operations amid pandemic". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-03-24. 
  18. "Vega regresa con un nuevo servicio de viaje compartido". www.esa.int (en castelán). Consultado o 2020-09-03. 
  19. esa. "Günther Hasinger’s science vision". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-05. 
  20. 20,0 20,1 esa. "ESA gives go-ahead for Smile mission with China". European Space Agency (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-06. 
  21. "Ten Suns for 10 years". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2019-11-11. 
  22. "Proba-V view of Galápagos". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-03-27. 
  23. "AMS: ready to discover the particle universe". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2019-11-20. 
  24. esa. "Introducing Aeolus". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-07. 
  25. esa. "Where no mission has gone before". European Space Agency (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-22. 
  26. "BepiColombo operations". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-01. 
  27. "Juice’s Jovian odyssey". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-06. 
  28. esa. "¿Qué tipo de planetas estudiará Cheops?". European Space Agency (en castelán). Consultado o 2019-02-06. 
  29. "Hypersonic surfing". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-01. 
  30. "Swarm estudia el debilitamiento del campo magnético terrestre". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-05-21. 
  31. "Viaja a la Luna con el Gran Módulo Logístico de Aterrizaje Europeo". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-06-01. 
  32. esa. "El equinoccio en el Sol, con SOHO". European Space Agency (en castelán). Consultado o 2019-03-27. 
  33. "Solar Orbiter during thermal-vacuum tests". European Space Agency (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-01. 
  34. "La basura espacial, a día de hoy". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-10-14. 
  35. "New website puts climate in your hands". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-10-21. 
  36. "SEOSAT-Ingenio: fully loaded". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-10-22. 
  37. esa. "Help shape ESA’s space science programme". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-03-04. 
  38. "Cluster cumple veinte años estudiando la magnetosfera terrestre". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-08-17. 
  39. "Water on land and in the air". Chronicles from Concordia. 2019-03-22. Consultado o 2019-10-08. 
  40. "Using AI to predict Earth’s future". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2019-11-20. 
  41. esa. "Seeking innovative ideas: space for the oceans". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-05-02. 
  42. "Open Space Innovation Platform - OSIP - Campaigns". ideas.esa.int. Consultado o 2019-05-02. 
  43. esa. "Los detectives climáticos regresan con la segunda edición de Climate Detectives". European Space Agency (en castelán). Consultado o 2019-09-29. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar