Solar Orbiter
Solar Orbiter é unha misión conxunta da NASA e a ESA para o estudo do Sol, elixida en 2011 como primeira misión de Cosmic Vision.[3]
Solar Orbiter / SolO | |
---|---|
Representación artística de Solar Orbiter. | |
Tipo | Observación solar |
Fabricante | Airbus Defence and Space |
Organización | ESA / NASA |
Data de lanzamento | 10 de febreiro de 2020[1] |
Foguete portador | Atlas 5[1][2] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral, rampla 41[1] |
Obxectivo da misión | Estudo do Sol.[1] |
Masa | 1800 kg[1] |
A nave foi lanzada o 10 de febreiro de 2020 a bordo dun foguete Atlas 5.[3]
O obxectivo da misión é o estudo próximo da física solar e heliosférica,[4] facendo observacións do Sol dende unha órbita única a 42 millóns de km do Sol[5] que permite estudalo, xunto coa súa coroa cun nivel de detalle nunca acadado, obtendo imaxes de alta resolución das rexións polares. Máis polo miúdo, pretende chegar a claves sobre o desenvolvemento dos planetas e a emerxencia da vida a través de como traballa o sistema solar, as orixes do Universo e a física fundamental que mantén o funcionamento a dito nivel.
Solar Orbiter sufriu diversas probas de funcionamento, incluído o test de temperatura de 107 °C (no caso da cuberta protectora, levouse a 520 °C).[3]
En 2025 será a primeira nave en órbita arredor do Sol que permita estuadar os seus polos, ó inclinar o seu plano orbital.[6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 NASA (5 de setembro de 2019). "Solar Orbiter" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Solar Orbiter (SolO)" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Solar Orbiter during thermal-vacuum tests". European Space Agency (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-01.
- ↑ "Solar Orbiter". sci.esa.int (en inglés). Consultado o 2019-03-27.
- ↑ "Por qué necesitamos a Solar Orbiter". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-09-19.
- ↑ "Las preguntas que Solar Orbiter debe responder". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-09-15.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Solar Orbiter |
Sondas anteriores do estudo solar
editar- Helios-B
- SOHO
- Observatorio de Dinámica Solar (SDO)
- Parker Solar Probe