Vega (foguete)

Vega é un foguete espacial lanzador lixeiro europeo, usado por primeira vez en febreiro de 2012. Ten un só corpo, de 3 m de diámetro e 30 m de altura. Dispón de tres etapas de combustible sólido e un módulo superior de combustible líquido para o control de altura e órbita e liberación de satélites. En 2020 foi usado cun novo sistema de distribución satelital, SSMS.

Un Vega con Sentinel-2 disposto para o lanzamento.
Un Vega con Sentinel-2 disposto para o lanzamento.

A evolución que prevé a ESA é o foguete Vega-C, unha versión máis potente de Vega, programando un primeiro voo en 2020. Vega-C terá 700 kg máis de capacidade e un volume meirande dentro dunha cofia (a parte superior de carga) máis larga, e un custe semellante ó de Vega, con máis satélites por lanzamento compartido, con rebaixa do custe por quilogramo.[1]

O 16 de novembro de 2020 foi lanzado a misión Vega VV17, co satélite español SEOSAT-Ingenio,[2] fallando o lanzamento.[3]

NotasEditar

  1. "Vega regresa con un nuevo servicio de viaje compartido". www.esa.int (en castelán). Consultado o 2020-09-03. 
  2. "Lanzamiento de Seosat". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-10-28. 
  3. "Vega flight VV17 SEOSAT-Ingenio / TARANIS mission failure". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-17.