Centro Espacial de Kourou

O Centro Espacial de Kourou oficialmente coñecido como Centre Spatial Guyanais o CSG é o lugar de lanzamento da Axencia Espacial Europea no territorio de ultramar da Güiana Francesa, moi preto de Kourou.

Modelo:Xeografía políticaCentro Espacial de Kourou
Centre spatial guyanais (fr) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 5°14′14″N 52°45′38″O / 5.2372222222222, -52.760555555556Coordenadas: 5°14′14″N 52°45′38″O / 5.2372222222222, -52.760555555556
EstadoFrancia
DepartamentoGüiana Francesa
Distritosarrondissement of Cayenne (en) Traducir
CantónCanton of Kourou (en) Traducir
ComunaKourou Editar o valor em Wikidata
Creación1964 Editar o valor em Wikidata

Sitio webcnes.fr… Editar o valor em Wikidata

Historia editar

En 1964 o goberno de Francia creouno como base espacial para lanzar satélites. Cando se fundou a Axencia Espacial Europea no ano 1975 Francia ofreceuse a compartir o porto espacial de Kourou coa ESA. A ESA mellorou as instalacións e preparounas para o foguete europeo Ariane.

Plataforma de lanzamento editar

A súa situación a unha latitude de 5° 3', a uns 500 km do ecuador terrestre fai o lugar axeitado para lanzamentos espaciais, permitindo aproveitar a velocidade de rotación da Terra gañando pulo, aforrando combustible e cartos.

 
Plano do Centro Espacial kouru

O centro ten tres zonas de lanzamento.

ELA 1 editar

Foi plataforma de lanzamento do foguete Ariane, usada para os modelos Ariane 1, Ariane 2 e Ariane 3 os cales foron retirados do servizo en 1989. Volveu utilizarse para o lanzamento do foguete Vega que iniciou a súa primeira engalaxe o 13 de febreiro de 2012.[1][2]

ELA 2 editar

Foi usado para lanzar Ariane 4 ata o ano 2004.

ELA 3 editar

Desde 1996 úsase para o lanzamento de Ariane 5.

Ensemble de Lancement Soiouz (ELS) no Centre Spatial Guyanais (CSG) editar

Plataforma de lanzamento do foguete fabricado por Rusia Soiuz. A plataforma é case idéntica a doutros sitios como Baikonur en Casaquistán e Plesetsk en Rusia e capaz de poñer 3 toneladas en órbita xeoestacionaria no Centro espacial de Kourou comparadas 1,7 toneladas do Cosmódromo de Baikonur. O seu primeiro lanzamento puxo en orbita os dous primeiros satélites do europeo Sistema de Navegación por Satélite Galileo o 21 de novembro de 2011 [3][4]

Notas editar

  1. ESA (ed.). "Lugar de lanzamento do foguete Vega" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 5 de xaneiro de 2016. 
  2. "Lanzamentos" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 5 de xaneiro de 2016. 
  3. ESA, 20 de setembro de 2011.
  4. http://www.esa.int/esaMI/Launchers_Access_to_Space/SEM6JRS4LZE_0.html, 21 outubro de 2011

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar