Ariane
familia de foguetes
O Ariane é un foguete espacial de tres fases de carácter civil construído pola Axencia Europea do Espazo (ESA). O nome provén da forma francesa do personaxe mitolóxico Ariadne.
Historia
editarFrancia propuxo por primeira vez o proxecto Ariane nos anos setenta. O proxecto era o segundo intento de Europa de desenvolver o seu propio foguete despois do fracaso do proxecto Europa.
Os foguetes Ariane son lanzados desde Centro Espacial de Kourou na Güiana Francesa, onde a proximidade ó ecuador supón unha importante vantaxe.
As diferentes versións ata agora do Ariane son:
- Ariane 1, primeira engalaxe con éxito 24 de decembro de 1979.
- Ariane 2, primeira engalaxe con éxito 20 de novembro de 1987 (a engalaxe do 30 de maio de 1986 foi errada).
- Ariane 3, primeira engalaxe con éxito 4 de agosto de 1984.
- Ariane 4, primeira engalaxe con éxito 15 de xuño de 1988.
- Ariane 5, primeira engalaxe con éxito 30 de outubro de 1997 (a engalaxe do 4 de xuño de 1996 foi errada).
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Ariane |