Cosmódromo de Plesetsk

O cosmódromo de Plesetsk é o cosmódromo situado máis ao norte de Rusia. Ten a súa orixe en tempos da Unión Soviética e desde el lánzanse misións principalmente militares e a órbitas polares.[1]

Modelo:Xeografía políticaCosmódromo de Plesetsk
Космодром Плесецк (ru) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 62°55′00″N 40°31′00″L / 62.91667, 40.51667
EstadoRusia
ÓblastsÓblast de Arjánguelsk
Urban okrug in Russia (en) TraducirMunicipal Formation of the City of Mirny (en) Traducir
Cidade/vilaMirny (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación1957 Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

Plesetsk comezou sendo a primeira base de mísiles balísticos intercontinentais da Historia, desde onde se podía alcanzar máis partes dos Estados Unidos continentais que desde a base de Baikonur (futuro cosmódromo de Baikonur). A principios dos anos 1960 había catro complexos de lanzamento na base para mísiles R-7, antecesores dos foguetes Soiuz. Máis tarde se instalaron catro lanzadores para mísiles R-16.[1]

En canto aos plans espaciais da Unión Soviética, os responsables consideraron necesario dispoñer dunha base desde onde poder lanzar misións espaciais a órbitas polares de posible uso militar ás que non se podía chegar desde Baikonur. Plesetsk foi seleccionada en decembro de 1962 como o centro espacial que cumpriría esa función.[1]

En Plesetsk aplicouse a experiencia obtida en Baikonur en canto ao persoal da base, xa que neste último cosmódromo os técnicos vivían a unha distancia de 30 km dos seus postos de traballo. En Plesetsk edificáronse vivendas a entre 1 e 2 km dos postos de traballo, xurdindo un poboado que acabou chamándose Mirniy situado a 36 km dos complexos de lanzamento. O lado leste do cosmódromo está delimitado polo río Yemtsa e está composto por catro complexos de lanzamento para foguetes Soiuz e Molniya. O lado oeste está composto por tres complexos, un para foguetes Kosmos 3 e dous para mísiles R-14 Chusovaya, e ata 1974 existía un cuarto complexo para foguetes Kosmos 2M.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Mark Wade (2011). "Plesetsk" (en inglés). Consultado o 16 de maio de 2016. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar