Kapustin Yar

Kapustin Yaer é unha zona rusa de lanzamento de mísiles e foguetes espaciais.[1]

Lanzamento de probas desde Kapustin Yar.

HistoriaEditar

Kapustin Yar foi o primeiro sitio de probas de mísiles da Unión Soviética, logo usado tamén para enviar satélites artificiais a órbita mediante foguetes da familia Kosmos. Os foguetes V-2 capturados a Alemaña pola Unión Soviética despois da segunda guerra mundial e lanzados desde Kapustin Yar foron os primeiros mísiles balísticos lanzados en territorio soviético. A zona abarcada por Kapustin Yar medrou a partir dos anos 1950 a medida que foin aumentando a variedade de mísiles desenvolvidos e probados.[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2020). "Kapustin Yar" (en inglés). Consultado o 5 de agosto de 2020. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar