Kosmos 3
Satélite artificial soviético.
- Véxase tamén: Kosmos 3 (foguete).
Kosmos 3 (Космос 3 en ruso), tamén denominado 2MS N°1 e mencionado ocasionalmente como Sputnik 13 en occidente, foi un satélite artificial soviético lanzado o 24 de abril de 1962 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.[2][5]
Kosmos 3 | |
---|---|
Tipo | Observación terrestre / demostrador tecnolóxico. |
Destino actual | Reentrado na atmosfera. |
Data de lanzamento | 24 de abril de 1962, 4:00 UTC[1][2][3][4] |
Foguete portador | Kosmos[2][5] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
Obxectivo da misión | Estudo das capas superiores da atmosfera terrestre e da radiación no espazo.[2][6] |
Decaemento | 17 de outubro de 1962[1] |
NSSDC ID | 1962-013A |
Masa | 330 kg[2][7] |
Características
editarKosmos 3 foi o primeiro satélite da serie 2MS (de dous que voaron)[4] e o terceiro do sistema de designación Kosmos. Foi inxectado nunha órbita inicial de 720 km de apoxeo e 229 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,98 graos e un período de 93,8 minutos.[3][6]
O satélite pesaba 330 kg[2][7] e foi deseñado para facer estudos meteorolóxicos, de comunicacións e sobre a radiación.[6] Reentrou na atmosfera o 17 de outubro de 1962.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 3 (SPUTNIK 13)" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (4 de novembro de 2011). "Cosmos 3" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2012. Consultado o 7 de xaneiro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 11 May 1962 from the Acting Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (62-11075): 2. 14 de maio de 1962. A/AC.105/INF.006. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xullo de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 Claude Lafleur (2011). "Kosmos 3" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "2MS" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 7 de xaneiro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "ASTRONAUTICAL AND AERONAUTICAL EVENTS OF 1962" (PDF). REPORT OF THE NATIONAL AERONAUTICS AND SPACE ADMINISTRATION TO THE COMMITTEE ON SCIENCE AND ASTRONAUTICS U.S. HOUSE OF REPRESENTATIVES EIGHTY-EIGHTH - CONGRESS FIRST - SESSION: 60. 12 de xuño de 1963. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xaneiro de 2012.
- ↑ 7,0 7,1 Mark Wade (2011). "2MS" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2011. Consultado o 7 de xaneiro de 2012.