LARES (acrónimo de Laser Relativity Satellite) é un satélite artificial da Axencia Espacial Italiana lanzado o 13 de febreiro de 2012 mediante un foguete Vega desde o Centro Espacial de Kourou.[2][5][6]

LARES / Laser Relativity Satellite
TipoCientífico
OrganizaciónAxencia Espacial Italiana
Destino actualEn órbita terrestre
Data de lanzamento13 de febreiro de 2012, 10:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorVega[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou[2][6]
Obxectivo da misiónMedicións xeodésicos e de relatividade.[2][6]
NSSDC ID2012-006A
Masa400 kg[2][5]
Datos orbitais
Semieixo maior7822 km[1]
Inclinación69,5º[1]
Apoapse1460,2 km[1]
Periapse1442,0 km[1]

Características

editar

LARES é un satélite pasivo de forma esférica e 400 kg de masa cun diámetro de 376 mm e feito de tungsteno. A súa superficie está cuberta de 92 espellos retrorreflectores para poder facer medicións moi precisas enviando feixes láser desde terra cara ao satélite e facer estudos do campo gravitatorio terrestre e da teoría da relatividade, en concreto o efecto Lense-Thirring.[2][5][6]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "LARES" (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2020). "LARES" (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  3. "Note verbale dated 28 August 2012 from the Permanent Mission of Italy to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (12-55976(E)). 18 de setembro de 2012: 2. Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  4. Claude Lafleur (2010). "LARES" (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "LARES" (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "LARES" (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2020. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar