PRoject for On-Board Autonomy 1

PROBA 1 (de Project for Onboard Autonomy 1) é un satélite artificial da Axencia Espacial Europea lanzado o 22 de outubro de 2001 mediante un foguete PSLV desde o Centro Espacial de Sriharikota, na India, nun lanzamento de órbita polar,[7] para facer probas de varios novos sistemas e para estudar a Terra.[2][3][5][6]

Project for Onboard Autonomy 1 / PROBA 1
TipoCientífico / tecnolóxico
FabricanteVerhaert
OrganizaciónESA
Destino actualEn órbita terrestre, operativo.[1]
Data de lanzamento22 de outubro de 2001, 4:53 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorPSLV[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Sriharikota, na India[3][6]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico e estudo da Terra.[3][6]
NSSDC ID2001-049B
Masa94 kg[3]
Datos orbitais
Semieixo maior6961 km[1]
Inclinación97,5 graos[1]
Apoapse590,3 km[1]
Periapse590,3 km[1]

Foi seguido de Proba-2 (observador solar), Proba-V (seguidor da vexetación terrestre) e do par Proba-3,que creará eclipses solares artificiais en órbita para observar a coroa solar.

Características

editar

PROBA é principalmente un demostrador tecnolóxico con varios sistemas novedosos a bordo pero que tamén se adica a observar a Terra a través do seu instrumento principal, unha cámara espectral de alta resolución. O satélite é capaz de observar a mesma zona da Terra desde diferentes ángulos e pode gardar imaxes dunha zona de 18,6 km de lado cunha resolución de 18 metros. Os datos obtidos polos satélite son enviados á estación da ESA en Redu, Bélxica.[3][5][6]

O satélite ten forma de caixa e unha masa de 94 kg. Obtén a súa enerxía de células solares que recobren as paredes do satélite.[3][5][6]

Instrumentos

editar

PROBA 1 leva os seguintes instrumentos a bordo:[3][5][6]

  • CHRIS (Compact High Resolution Imaging Spectrometer): o instrumento principal de PROBA, é unha cámara de só 14 kg usada para fotografar a Terra e estudar o medio ambiente. Foi deseñada e desenvolvida por Sira Electro-Optics, do Reino Unido. Deixou de funcionar no 2022.[7]
  • SREM (Standard Radiation Environment Monitor): monitor de radiación ambiental.
  • DEBIE (Debris In-Orbit Evaluator): un sensor de restos orbitais para estudar o lixo espacial.
  • High Resolution Camera (HRC): unha cámara monocromática de alta resolución, ata 8 metros por píxel.

Será dos primeiros recollidos no espazo (por ClearSpace-1, da ESA, en 2028), despois de ter unha lonxevidade de máis dun cuarto de século ou ter instaladas as primeiras baterías de ión-litio a bordo.[7]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "PROBA 1" (en inglés). Consultado o 17 de xuño de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "Letter dated 12 April 2011 from the Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary-General" (PDF) (11-85543). 8 de setembro de 2011: 2. Consultado o 17 de xuño de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (27 de abril de 2016). "PROBA 1" (en inglés). Consultado o 17 de xuño de 2016. 
  4. Claude Lafleur (2010). "PROBA" (en inglés). Consultado o 17 de xuño de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "PROBA" (en inglés). Consultado o 17 de xuño de 2016. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2011). "PROBA" (en inglés). Consultado o 17 de xuño de 2016. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Proba-1’s T-plus 23 years in orbit". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2024-10-24.