Solar wind Magnetosphere Ionosphere Link Explorer

O proxecto Smile, 'Explorador da realción entre o vento solar e a ionosfera' é un proxecto conxunto entre a ESA e China para explorar a conexión Sol-Terra.[1] En concreto, estudará o vento solar e a súa interacción co campo magnético terrestre.

Smile é a segunda colaboración ESA - China, despois da primeira, a misión Double Star. Para preparar o a proxecto houbo dúas xuntanzas previas, unha en Europa e outra na China. O proxecto contempla un vehículo de 2200 kg lanzado por unha lanzadeira Vega-C ou Ariane 6-2 (ambos, modelos da ESA) no 2023, e que será situada nunha órbita elíptica moi inclinada arredor da Terra, cun semieixe maior de 127 000 km e semieixe menor de 11 000 km, executando unha volta cada 51 horas. descargará datos cara ás estacións terrestres da ESA na Antártida e da Academia China de Ciencias en Sanya, China.

A carga científica consiste en catro instrumentos: europeo (o construtor de imaxes de campo amplo de raios X débiles -wide-field Soft X-ray Imager, SXI-), canadense (construtor de imaxes Ultra-Violet -UVI-) e dous chineses (analizador de luz e ións -Light Ion Analyser, LIA e magnetómetro -MAG-).

O Centro Nacional de Ciencia Espacial Chinés (National Space Science Center -NSSC/CAS-) é o reponsable da plataforma de lanzamento, o testeo da nave e operacións de misión e ciencia. A plataforma será construída en Shanghai pola Academia de Innovación en Microsatélites (IAMC/CAS).

Notas editar

  1. esa. "ESA gives go-ahead for Smile mission with China". European Space Agency (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-06.