Abrir o menú principal
Unidade Cluster-FM2 da misión Cluster II.

Cluster II é unha misión espacial da Axencia Espacial Europea formada por catro satélites independentes voando en formación arredor da terra. Os catro satélites foron lanzados por separado durante o ano 2000 mediante foguetes Soyuz-U Fregat. A misión Cluster orixinal foi lanzada en 1996 mediante un foguete Ariane 5 e destruída xunto o foguete durante o lanzamento a causa dun malfuncionamento do vehículo lanzador. Cluster II lanzouse como reemprazo dos satélites perdidos.[1][2]

CaracterísticasEditar

Cluster II está adicada a investigar a relación entre o Sol e a contorna magnética terrestre. Os catro satélites foron nomeados como Rumba, Tango, Salsa e Samba e miden os diversos fenómenos que teñen lugar na magnetosfera terrestre tanto espacial como temporalmente. A misión foi deseñada, grazas ao uso de catro satélites movéndose en proximidad, para estudar as estruturas de plasma a pequena escala, o vento solar e a onda de choque entre este e a magnetosfera, a magnetopausa, a magnetocola e as zonas auroriais.[1][2]

Cada satélite ten forma de cilindro baixo do que saen longos mastros. O corpo cilíndrico está construído en aluminio con recubrimento de fibra de carbono, con seis tanques de propelente e paneis solares rodeando o cilindro. Os instrumentos científicos rodean a esta estrutura. Cada satélite leva 11 de estes instrumentos.[1][2]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "Cluster 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2019). "Cluster 2" (en inglés). Consultado o 8 de marzi de 2019. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Soyuz-U Fregat

Ligazóns externasEditar