Cosmic Vision, tamén coñecido como Cosmic Vision 2015-2025, é un programa de misións científicas a longo prazo da Axencia Espacial Europea (ESA) que se desenvolve entre os anos 2015 e 2025, e é o sucesor do programa científico a longo prazo Horizon 2000.[1]

Logotipo do programa Cosmic Vision.

Historia

editar

O concepto do programa foi proposto en 2004 e definido nun grupo de traballo posterior celebrado en París, para establecer máis a fondo os obxectivos nos campos da astronomía e astrofísica, da exploración do sistema solar e da física fundamental.

Nos primeiros meses de 2006 formulouse un plan decenal que debía responder a catro preguntas clave:

En marzo de 2007 abriuse formalmente un concurso no que se produciron 19 propostas de misións de astrofísica, 12 de física fundamental e 19 propostas de misións para coñecer o sistema solar.

En marzo de 2012 a ESA anunciou que comezara a traballar nunha serie de misións científicas de clase pequena. A primeira misión seleccionada do tipo "S-Class" tería un financiamento de 50 millóns de euros e sería lanzada en 2017.[2]

Clase das misións

editar

Clase pequena (S)

editar

As misións de clase pequena ou S (Small class, S-class) non custarán á ESA máis de 50 millóns de euros. En marzo de 2012 propúxose unha primeira convocatoria de propostas de misións.[3] Recibíronse preto de 70 propostas.[4] En outubro de 2012, seleccionouse a primeira misión de clase S:

Clase media (M)

editar

Os proxectos de clase media (Medium class, M-class) son substancialmente de tipo autónomo (independentes e non requiren apoio suplementario) cun financiamento duns 500 millóns de euros. As dúas primeiras misións de clase M, M1 e M2, foron seleccionadas en outubro de 2011:[7]

  • M1, Solar Orbiter; unha misión dirixida a observacións próximas do Sol cuxo lanzamento se levou a cabo, tras algúns aprazamentos, en febreiro de 2020.[8]
  • M2, Euclides; unha misión seleccionada para estudar a enerxía escura e a materia escura; lanzamento previsto en xuño de 2022.[9]
  • M3, PLATO (PLAnetary Transits and Oscillations of stars) ; unha misión para buscar exoplanetas e medir oscilacións estelares. Seleccionado o 19 de febreiro de 2014, o lanzamento está previsto para 2026.[10] Outras buscas competidoras relacionadas co lanzamento previsto son as misións EChO, LOFT, MarcoPolo-R e STE-QUEST.[11]
  • M4, ARIEL (Atmospheric Remote-Sensing Infrared Exoplanet Large-survey) para observar exoplanetas próximos e determinar a súa composición química e condicións físicas. ARIEL foi seleccionada o 20 de marzo de 2018 como a cuarta misión de clase M e o lanzamento está previsto para 2028.[12]
  • En abril de 2016 anunciouse unha enquisa para unha proposta de misión M5. O lanzamento está previsto indicativamente para 2032, con posible avance baseado na reducida complexidade.[13] [14]
  • M5, a quinta misión de clase media será seleccionada para 2021 entre os dous proxectos resultantes dunha selección de 25 propostas:[15]
    • THESEUS (Transient High Energy Sky and Early Universe Surveyor), estudo das altas enerxías transitorias do universo primitivo. Espérase que THESEUS faga un censo completo dos estalidos de raios gamma dos primeiros mil millóns de anos do universo, axudando a deitar luz sobre o ciclo de vida das primeiras estrelas. Tamén permitiría realizar observacións de seguimento das ondas gravitacionais localizando e identificando a radiación procedente de fontes identificadas por outros detectores.
    • EnVision un orbitador que debería estudar o planeta Venus determinando a súa natureza e o estado actual da actividade xeolóxica e a súa relación coa atmosfera, para coñecer mellor as distintas vías evolutivas que tiveron Venus e a Terra. Outra misión M a Venus, a VEP, non foi escollida finalmente para a súa realización na quenda de selección de 2007 por motivos programáticos; porén, a misión mudou para a European Venus Explorer e foi sinalada como punto de referencia útil para futuras misións.[16]

Clase grande (L)

editar

Orixinalmente estaba previsto que os proxectos L-class (Large Class) se levasen a cabo en colaboración con outros socios cun compromiso de gasto para ESA que non superase os 900 millóns de euros. Porén, en 2011, tras os recortes no orzamento financeiro dos Estados Unidos, as posibilidades de participación da axencia NASA reducíronse co aprazamento de programas e a redución das colaboracións internacionais.[17]

Seleccionáronse tres misións de clase L:

  • L1, JUICE (JUpiter ICy moon Explorer), unha misión exploratoria para o sistema xupiteriano (explotando os recursos e tecnoloxías prodigados na cancelada misión Laplace) con lanzamento programado para 2022.[18]
  • L2, ATHENA (Advanced Telescope for High Energy Astrophysics), un observatorio espacial de raios X cuxo lanzamento está previsto para 2031.[19]
  • L3, LISA (Laser Interferometer Space Antenna), unha misión espacial deseñada para detectar e medir con precisión as ondas gravitacionais a frecuencias inferiores ás dos detectores terrestres (VIRGO, LIGO).[20] O lanzamento está previsto para 2034.

Clase rápida (F)

editar

O 16 de maio de 2018, con motivo do Comité do Programa Científico (Science Programme Committee, SPC) da ESA, engadiuse unha nova clase de misións: a chamada Fast Class (rápida). Esta clase presenta misións sinxelas para ocasións especiais, que se lanzarán xunto cunha misión de clase M:

  • F1, Comet Interceptor, unha misión seleccionada o 19 de xuño de 2019, que estudará un cometa procedente da Nube de Oort, evitando así que sufrise alteracións en repetidas aproximacións ao Sol. O lanzamento debería realizarse en 2028 xunto coa misión ARIEL.[21]

Misións de oportunidade

editar

En ocasións, a ESA contribúe a misións conxuntas dirixidas por outras axencias espaciais. Estas misións inclúen:[22]

  • Hinode, un telescopio espacial de raios X, da Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial, JAXA, lanzado en 2006;
  • IRIS (Interface Region Imaging Spectrograph) – observatorio espacial espectrográfico, da axencia NASA, lanzado en 2013;
  • MICROSCOPE (Micro-Satellite à traînée Compensée pour l'Observation du Principe d'Equivalence) – microsatélite para o estudo do principio de equivalencia, da axencia espacial francesa CNES, entre 2016 e 2018;
  • PROBA-3: transbordador espacial de proba, o lanzamento está previsto para 2022;
  • XRISM – Telescopio espacial de raios X, da axencia espacial xaponesa JAXA, cuxo lanzamento está previsto para 2022;
  • ExoMars - Sondas de exploración de Marte en colaboración coa axencia espacial rusa Roscosmos, un orbitador estivo operativo desde 2017, un rover estaba previsto para 2022;
  • Einstein Probe: unha misión espacial dedicada á astrofísica de alta enerxía, da academia científica chinesa CAS, cuxo lanzamento estaba previsto para 2022;
  • MMX: unha misión para o regreso á Terra de mostras de rocha marciana, da axencia espacial xaponesa JAXA, cuxo lanzamento está previsto para 2024;
  • Telescopio espacial Nancy Grace Roman - un telescopio espacial da NASA, cuxo lanzamento está previsto para 2025.
  1. "ESA's 'Cosmic Vision'". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-02-01. 
  2. "Esa to start mini space mission series". BBC News (en inglés). 2012-03-11. Consultado o 2023-02-01. 
  3. "ESA Science & Technology - Call for a Small mission opportunity in ESA's Science Programme for a launch in 2017". sci.esa.int. Consultado o 2023-02-01. 
  4. "ESA Science & Technology - S-class mission Letters of Intent". sci.esa.int. Consultado o 2023-02-01. 
  5. "Lanciata la Soyuz con un carico di 5 satelliti - Scienza & Tecnica". ANSA.it (en italiano). 2019-12-18. Consultado o 2023-02-02. 
  6. "ESA Science & Technology - ESA and Chinese Academy of Sciences to study SMILE as joint mission". sci.esa.int. Consultado o 2023-02-01. 
  7. "ESA Science & Technology - Dark and bright: ESA chooses next two science missions". sci.esa.int. Consultado o 2023-02-01. 
  8. Parisini, Stefano (2020-02-10). "Destinazione Sole". MEDIA INAF (en italiano). Consultado o 2023-02-01. 
  9. "ESA Science & Technology - Mission Status". sci.esa.int. Consultado o 2023-02-01. 
  10. "ESA Science & Technology - Gravitational wave mission selected, planet-hunting mission moves forward". sci.esa.int. Consultado o 2023-02-01. 
  11. "ESA selects planet-hunting PLATO mission". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-02-01. 
  12. "ESA's next science mission to focus on nature of exoplanets". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-02-01. 
  13. "ESA Science & Technology - Announcement of the plans for the issuing of a Call for a Medium-size mission for launch in 2029-2030 (M5)". sci.esa.int. Consultado o 2023-02-01. 
  14. "ESA Science & Technology - Call for a Medium-size mission opportunity in ESA's Science Programme (M5)". sci.esa.int. Consultado o 2023-02-01. 
  15. "ESA Science & Technology - ESA selects three new mission concepts for study". sci.esa.int. Consultado o 2023-02-01. 
  16. Chassefière, E.; Korablev, O.; Imamura, T.; Baines, K. H.; Wilson, C. F.; Titov, D. V.; Aplin, K. L.; Balint, T.; Blamont, J. E. (2009-03-01). "European Venus Explorer (EVE): an in-situ mission to Venus". Experimental Astronomy (en inglés) 23 (3): 741–760. ISSN 1572-9508. doi:10.1007/s10686-008-9093-x. 
  17. "ESA Science & Technology - New approach for L-class mission candidates". sci.esa.int. Consultado o 2023-02-01. 
  18. "JUICE is Europe’s next large science mission". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-02-01. 
  19. "ESA Science & Technology - Athena to study the hot and energetic Universe". sci.esa.int. Consultado o 2023-02-01. 
  20. "Prospects for a space-based gravitational-wave observatory". spie.org (en inglés). Consultado o 2023-02-01. 
  21. Mastri, Roberto. "La missione Comet Interceptor di ESA visiterà una cometa ancora da scoprire". AstronautiNEWS (en italiano). Consultado o 2023-02-01. 
  22. "ESA Science & Technology - Policy for Missions of Opportunity in the ESA Science Directorate". sci.esa.int. Consultado o 2023-02-01. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar