Louis Pasteur

químico e microbiólogo francés
(Redirección desde «Pasteur»)


Louis Pasteur, nado en Dole (departamento do Jura) o 27 de decembro de 1822 e finado o 28 de setembro de 1895, foi un químico francés cuxos descubrimentos tiveron enorme importancia en diversos campos das ciencias naturais, sobre todo na química e microbioloxía. A el débese a técnica coñecida como pasteurización. A través de experimentos refutou definitivamente a teoría da xeración espontánea e desenvolveu a teoría xerminal das enfermidades infecciosas. Polos seus traballos é considerado o pioneiro da microbioloxía moderna, iniciando a chamada «Idade de Ouro da Microbioloxía».

Infotaula de personaLouis Pasteur

Louis Pasteur, aproximadamente na década de 1880.
Biografía
Nacemento27 de decembro de 1822
Dole (Restauración Francesa) Editar o valor em Wikidata
Morte28 de setembro de 1895
(72 anos)
Marnes-la-Coquette
Francia Francia
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Parada cardiorrespiratoria Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaInstituto Pasteur (1896–)
Catedral de Notre-Dame de París (–1896) Editar o valor em Wikidata
13º Cadeira 17 da Academia Francesa (pt) Traducir
8 de decembro de 1881 – 28 de setembro de 1895
← Émile Littré (pt) TraducirGaston Paris (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancés
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Normal Superior de París
Director de teseAntoine Jérôme Balard Editar o valor em Wikidata
Coñecido porA Pasteurización
Vacina contra a Rabia.
Actividade
Campo de traballoQuímica e Microbioloxía
Ocupaciónmicrobiólogo , naturalista , biólogo , litógrafo , artista , agrónomo , profesor universitario , bioquímico , químico , botánico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorÉcole Normale Supérieure (1857–)
Universidad de Lille (pt) Traducir (1854–1857)
Universidade de Estrasburgo (1848–)
Université Lille Nord de France (pt) Traducir
Ecole Centrale de Lille
Instituto Pasteur
Universidad de Lille 1 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosCharles Friedel (pt) Traducir, Charles Chamberland e Émile Roux (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias en
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde Franciscana Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoVictor Babeș, Émile Roux (pt) Traducir, Albert Calmette (pt) Traducir, Nikolay Gamaleya (pt) Traducir e Étienne Wasserzug (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Abreviación dun autor en botánicaPasteur Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeMarie Laurent
FillosJean-Baptiste
Marie-Luise
PaiJean-Joseph Pasteur (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura

WikiTree: Pasteur-13 Find a Grave: 1644 Editar o valor em Wikidata

Aínda que a teoría microbiana foi moi controvertida nos seus inicios, hoxe en día é fundamental na medicina moderna e a microbioloxía clínica e conduciu a innovacións tan importantes como o desenvolvemento das vacinas, os antibióticos, a esterilización e a hixiene como métodos efectivos de cura e prevención contra a propagación das doenzas infecciosas.[1][2] Esta idea representa o inicio da medicina científica, ao demostrar que a enfermidade é o efecto visible (signos e síntomas) dunha causa que pode ser buscada e eliminada mediante un tratamento específico. No caso das enfermidades infecciosas, débese buscar o xerme causante de cada enfermidade para achar un modo de combatelo.

As súas contribucións na química orgánica foron o descubrimento do dimorfismo do ácido tartárico, ao observar ao microscopio que o ácido racémico presentaba dous tipos de cristal, con simetría especular. Foi xa que logo o descubridor das formas dextroxiras e levoxiras que desviaban o plano de polarización da luz co mesmo ángulo pero en sentido contrario.

Traxectoria editar

 
Casa onde naceu Pasteur en Dole.

Primeiros días editar

Louis Pasteur naceu o 27 de decembro de 1822.[3] en Dole. Os seus pais eran Jean-Joseph Pasteur e Jeanne-Étienne Roqui e as súas irmás eran Virginie, Josephine e Emilie Pasteur. O seu pai, logo de ser sarxento no exército napoleónico, retomou a profesión familiar de curtidor. A súa irmá Emilie tiña unha enfermidade que lle producía un atraso mental e tiña a mente dun neno de cinco anos. En 1825 a familia deixou Dole para ir a Marnoz, para finalmente instalarse en Arbois en 1830. O mozo Pasteur seguiu en Arbois os cursos da escola mutua logo entrou no colexio da cidade. É nesta época que se fixo coñecer polos seus talentos de pintor; por outra banda fixo numerosos retratos de membros da súa familia e dos habitantes da pequena cidade.

Non foi un alumno especialmente aplicado ou brillante na escola nin na Universidade. Tras se licenciar e asistir ás leccións do gran químico francés Jean-Baptiste Dumas, comezou a se interesar pola química.

Foi profesor de química en Estrasburgo (1847-1853) e decano en Lille (1854). Ademais, en 1857 desempeñou o cargo de director de estudos científicos da Escola Normal de París, cuxo laboratorio dirixiu a partir de 1867. Fixo grandes descubrimentos.

Contribucións na química orgánica editar

Descubriu o dimorfismo do ácido tartárico, ó observar ó microscopio que o ácido racémico presentaba dous tipos de cristal, con simetría especular. Foi polo tanto o descubridor das formas dextroxiras e levoxiras. E comprobou que desviaban o plano de polarización da luz co mesmo ángulo pero en sentido contrario. Este achado valeulle ó xove químico a concesión da Lexión de Honra Francesa, con só 26 anos.

En 1854 foi nomeado decano da Facultade de Ciencias na Universidade de Lille.

Investigacións na microbioloxía editar

 
L. Pasteur, Facultade de Medicina de Rosario (Arxentina), de Erminio Blotta

A petición de viticultores e cervexeiros da rexión, comezou a investiga-la razón pola cal se acedan o viño e a cervexa. De novo grazas ó microscopio consegue identifica-lo lévedo responsable. Propuxo elimina-lo problema quentando a bebida lentamente ata atinxir 48 graos centígrados para mata-los lévedos, e despois encerra-lo líquido en cubas ben seladas. Este proceso deu lugar á actual técnica de pasteurización dos alimentos.

Demostrou que todo proceso de fermentación e descomposición orgánica se debe á acción de organismos vivos e que o crecemento dos microorganismos en caldos nutritivos non era debido á xeración espontánea. Para demostralo expuxo caldos fervidos en matraces provistos dun filtro que evitaba o paso de partículas de po ata o caldo de cultivo, simultaneamente expuxo outros matraces que carecían dese filtro pero que posuían un colo moi alongado e tortuoso que dificultaba o paso do aire, e polo mesmo das partículas de po, ata o caldo de cultivo. Ó cabo dun tempo observou que nada crecía nos caldos demostrando así que os organismos vivos que aparecían nos matraces sen filtro ou sen colos longos proviñan do exterior, probablemente do po ou en forma de esporas. Desta maneira Pasteur amosou que os microorganismos non se formaban espontaneamente no interior do caldo, refutando así a teoría da xeración espontánea e demostrando que todo ser vivo procede doutro ser vivo anterior, un principio científico que foi a base da teoría xerminal.

En Inglaterra, o cirurxián Joseph Lister pensou que podía aplica-los coñecementos de Pasteur e elimina-los organismos vivos das feridas e incisións cirúrxicas (1865).

O propio Pasteur, en 1871 obrigou ós médicos dos hospitais militares a ferve-lo instrumental e as vendaxes. Describiu un forno, chamado "forno Pasteur", útil para esterilizar instrumental cirúrxico e material de laboratorio.

Utilizou un novo método para eliminar microorganismos que poden degradar ó viño, a cervexa ou leite, elevando a súa temperatura ata os 55 graos durante un tempo curto. Este procedemento denominouse "pasteurización" e tivo unha aplicación universal na industria alimentaria.

Desenvolveu a metodoloxía para atenuar a virulencia de microorganismos patóxenos que puideron ser entón utilizados para a fabricación de vacinas. O mesmo obtivo vacinas eficaces contra o cólera dos polos, o ántrax e a erisipeloide do porco. Posteriormente obtivo a vacina contra o virus da rabia que foi probada con éxito por primeira vez para tratar ó mozo Joseph Meister infectado de rabia.

Días finais e legado editar

 
Famoso retrato de Albert Edelfelt en 1885.

Expuxo a "teoría xerminal das enfermidades infecciosas", segundo a cal toda enfermidade infecciosa ten a súa causa (etioloxía) nun xerme con capacidade para se propagar entre as persoas. Esta sinxela idea representa o inicio a medicina científica, ó demostrar que a enfermidade é o efecto visible (signos e síntomas) dunha causa que pode ser buscada e eliminada mediante un tratamento específico. No caso das enfermidades infecciosas débese procurar o xerme causante de cada enfermidade para achar un modo de combatelo.

Polos seus traballos é considerado o pioneiro da microbioloxía moderna que inicia así a chamada "Idade de Ouro da Microbioloxía".

"Anímote a que te intereses por eses dominios sagrados chamados expresivamente laboratorios. Ten en conta que son os templos do futuro, a saúde e o benestar. En eles a humanidade crecerá, fortalecerase e mellorará. Alí, a humanidade aprenderá a progresar entendendo a harmonía da natureza, evitando así a súa tendencia cara a barbarie, o fanatismo e a destrución". Louis Pasteur

A el se lle debe a técnica coñecida como pasteurización.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Madigan M, Martinko J (editores). (2005). Prentice Hall, ed. Brock Biology of Microorganisms (11th ed. ed.). ISBN 0131443291. 
  2. Moledo, Leonardo; Magnani, Esteban (2009) [Obra orixinal 2006]. "6. Pasteur y la teoría de la infección microbiana". En Capital Intelectual. Diez teorías que conmovieron al mundo: de Copérnico al big bang. Arxentina. ISBN 9789876141673. 
  3. Debré, Patrice (25 octubre 2000). JHU Press, ed. Louis Pasteur (en inglés). ISBN 9780801865299. Consultado o 6 novembro 2010. , páx. 529-538.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar