Marie Laurent

química e bacterióloga

Marie Anne Laurent, coñecida como Marie Pasteur, nada en Clermont-Ferrand o 15 de xaneiro de 1826 e finada en París o 28 de setembro de 1910, foi a esposa, axudante científica e compañeira de traballo do químico e bacteriólogo francés Louis Pasteur .

Infotaula de personaMarie Laurent

(1899) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Marie Anne Laurent Editar o valor em Wikidata
15 de xaneiro de 1826 Editar o valor em Wikidata
Clermont-Ferrand, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte28 de setembro de 1910 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaInstituto Pasteur Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica , bacterióloga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLouis Pasteur (1849–1895), morte do cónxuxe Editar o valor em Wikidata
FillosMarie-Louise Pasteur (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Laurent-254 Find a Grave: 70727318 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Vida persoal editar

Era filla do reitor da Academia de Estrasburgo. Casou en Estrasburgo o 29 de maio de 1849, aos 23 anos, con Louis Pasteur, quen tiña 26. A parella tivo cinco fillos dos cales tres morreron na infancia: Jeanne (1850-1859) morrreu de febre tifoidea; Jean-Baptiste (1851-1908) morreu dun tumor hepático; Cécile (1853-1866) tamén de febre tifoidea; Marie-Louise (1858-1934), casada en 1879 con René Vallery-Radot (1853-1933) e Camille (1863-1865). Polo tanto, só Jean Baptiste e Marie Louise viviron para ser adultos. Jean Baptiste foi un soldado na guerra franco-prusiana e chegou a ser diplomático.

Vida profesional editar

Marie Anne, foi a axudante de Pasteur nos seus experimentos científicos.[1] Ela traballou con Pasteur na ampliación das súas primeiras investigacións, ao redor de 1848, sobre as observacións realizadas anteriormente por Mitscherlich sobre as diferentes propiedades ópticas relacionadas coa luz polarizada do ácido tartárico cando se trataba de viños naturais, lías de viño e cando se sintetiza nun laboratorio.[2] Os estudantes e colegas de Louis Pasteur recoñeceron a importancia que tiña para el no seu traballo como asistente. Ela criaba os vermes de seda que precisaba para o seu experimento coas súas enfermidades, e coidaba dos nenos que trataba para o seu tratamento experimental.[2] Ela trasladouse con el ao seu cuarto do ilustrísimo Instituto Pasteur, e continuou vivindo alí despois da súa morte.

Morte editar

Marie Pasteur foi enterrada na cripta do Instituto Pasteur de París[3] a carón do seu marido cun epitafio tirado do Código xustiniano (Libro IX, constitución coñecida como Gordiano III): "Socia rei humanæ atque divinæ" (en galego, "compañeira da vida humana e das cousas divinas").

Notas editar

  1. "Marie Pasteur, première collaboratrice de Louis Pasteur". Aleteia (en francés). 2018-11-14. Consultado o 2021-12-14. 
  2. 2,0 2,1 "Marie Pasteur, ayudando al científico en la sombra | Ciencia y más". Mujeres con ciencia (en castelán). 2019-06-18. Consultado o 2021-12-14. 
  3. Ogilvie, Marilyn Bailey; Harvey, Joy Dorothy (2000). The Biographical Dictionary of Women in Science: L-Z (en inglés). Taylor & Francis. p. 986. ISBN 978-0-415-92040-7. Consultado o 2021-05-27. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar