Abrir o menú principal

Universidade Nacional de Colombia

universidade pública colombiana

A Universidade Nacional de Colombia é unha universidade pública colombiana da orde nacional, fundada baixo o goberno de Santos Acosta o 22 de setembro de 1867 e rexentada pola Lei 66 de 1867.[2][3] É a universidade máis importante e representativa de Colombia pola súa tradición, prestixio, calidade e selectividade. Está vinculada á historia e produción académica de América Latina.[4] O seu campus insignia, a Cidade Universitaria de Bogotá, é o máis grande do país e conta con 17 edificios declarados monumento nacional.[5][6] Ten sedes en Medellín, Manizales, Palmira, Arauca, Leticia, Tumaco, San Andrés e La Paz (Cesar).[7]

Universidade Nacional de Colombia
Plaza Che, Bogotá.jpg
Escudo da universidade.
Datos xerais
LocalizaciónBogotá, Flag of Colombia.svg Colombia
Datos actuais
ReitorDolly Montoya Castaño
Alumnos51 374 (2014)[1]
Datos de contacto
EnderezoCarrera 45 # 26-85, Edificio Uriel Gutierrez. Bogotá.
Páxina webunal.edu.co

A súa poboación estudantil é de 49 890 estudantes, dos cales 41 340 son de pregrado e 8550 de posgrao; este feito convértea na academia colombiana con maior número de estudantes.[1][8][9][10] Conta tamén cun total de 2939 docentes activos de planta, a metade con doutoramento.[11] Posúe 94 programas de pregrado, 97 especializacións, 38 especialidades médicas e odontolóxicas, 148 mestrados e 54 doutoramentos distribuídos nas súas 8 sedes.

O 9 de abril de 2010, o Ministerio de Educación Nacional outorgoulle a Acreditación Institucional de Alta Calidade por 10 anos en todas as súas sedes.[12] Numerosas clasificacións sitúana como a mellor do país.[13][14][15] É membro da Asociación Colombiana de Universidades, a Asociación Universitaria Iberoamericana de Posgrao (AUIP) e a rede iberoamericana de universidades Universia.[16][17][18]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar