En química chámase reacción de síntese a aquela na que se obtén unha substancia por combinación doutras máis sinxelas.

A reacción que representaría a síntese do óxido de calcio sería a seguinte:

Ca (s) + ½ O2 (g) → CaO (s)

Na ecuación represéntase que o calcio, sólido, reacciona co osíxeno, gas, e que se obtén óxido de calcio, sólido.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.