Raiba é un grupo de música rock en galego creado en 2009 en Portas.

Raiba
"Fartos"
OrixePortas[1], Galicia Galicia
Período2009 - actualidade
Xénero(s)Hard rock
Selo(s) discográfico(s)Gz Rock
MembrosXavi Castro "Xavinho"
Fran J. Castro
F. Bernardini
Borxa
Antigos membrosBuceta (baixo 2009-15)
Na rede
www.raiba.gal

Traxectoria editar

O grupo creouse tras a unión de Buceta (baixo), Fran (guitarra) e F. Bernardini (batería) e Xavinho (voz), quen fora o primeiro vocalista de NAO. O grupo comezou influenciado polo rap metal dos anos 90 e o nu metal, ademais de toques electrónicos, para máis adiante evolucionar cara a estilos máis próximos ao hardcore punk.

A banda deuse a coñecer no Correlingua 2010 co videoclip "FOGAR" no que involucraron a máis de 20 vocalistas de Galiza como Yosi Domínguez, Bocixa, Xurxo Souto, O Leo i Arremecághona!, Tonhito de Poi, Javi Maneiro, Vituco Neira, Aid, Cody MC, Chechu (Aphonnic), Martiño (Machina), Markos (Trashnos) ou Thais (Ith).[2]

Editaron o seu primeiro disco, Por vivir, en 2011. En 2014 lanzaron unha campaña de mecenado para a edición do seu segundo disco, Versos da revolta,[3] gravado en Braga, e que contou coa colaboración do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín.[4]

En 2016 gravaron o seu terceiro disco, Historias na pel, que presentaron na Sala Capitol o día das Letras Galegas, no festival Terar de Lobos.[5] O grupo colgou o disco na súa web para ser descargado de balde.

En 2017 quedaron finalistas nos Premios Martín Codax da Música[6], participaron no Festigal[7] e presentaron o seu cuarto álbum, Marxinación, tamén financiado por mecenado.[8]

Membros editar

  • Xavi Castro, "Xavinho" - Voz
  • Borxa - Baixo
  • F. Bernardini – Batería
  • Fran J. Castro - Guitarra

Discografía editar

  • Por vivir (2011)
  • Versos de revolta (2014)
  • Historias na pel (2016)
  • Marxinación (2017)[9]

Notas editar

  1. Concierto de Raiba en Baños de Molgas (en castelán)
  2. "Correlingua 2010". Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  3. "O grupo de rock Raiba pide axuda para editar o seu novo disco". La Voz de Galicia. 29 de maio de 2014. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  4. "Raiba: Versos de Revolta". [[[Sermos Galiza]]. 3 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  5. "Terra de lobos, un festival para reivindicar a música en galego". Sermos Galiza. 18 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  6. "Xoel López, Uxía, Agoraphobia, Raiba y The Lakazans, finalistas a los Martín Códax da Música". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de abril de 2017. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  7. "Guadi Galego, Nao e Raiba encabezan o cartel do Festigal". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xuño de 2017. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  8. "Un dos referentes do metal en galego busca axuda para novo disco". Galicia Confidencial. 29 de abril de 2017. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  9. "Discografía de Raiba". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 03 de maio de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar