Festigal
Festigal é un festival de música que se celebra dende 2002 en Santiago de Compostela durante os días 24 e 25 de xullo co gallo da celebración do Día Nacional de Galicia. Está organizado polas asociacións de Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre,[1] e nel adóitanse combinar os concertos con actividades culturais, lúdicas e deportivas, como presentacións de libros, debates ou obradoiros.[2] O festival pon especial interese na potenciación de novas agrupacións musicais que se caracterizan por levar na súa identidade a música e a cultura galegas[3]. En 2014 recibiu o Premio Martín Códax da Música na categoría de festivais.
Festigal | |
---|---|
![]() | |
Cartel do Festigal 2013. | |
Localización | Santiago de Compostela, ![]() |
Anos | 2002 - presente |
Nº edicións | 16 (no ano 2017) |
Fundadores | |
Data | 24 e 25 de xullo |
Xénero | Música galega |
Organizador | Galiza Nova e Fundación Galiza Sempre |
Web oficial | festi.gal |
Na rede | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
NotasEditar
- ↑ "O Festigal volve con música e "rebeldía"". Praza Pública. 11 de xullo de 2013. Consultado o 8 de abril de 2017.
- ↑ "Festigal: música e moito máis". Praza Pública. 23 de xullo de 2013. Consultado o 8 de abril de 2017.
- ↑ Ferro, Adrián (7 de xuño de 2016). "O Festigal xa ten cartaz". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2017. Consultado o 8 de abril de 2017.