Carballeira de Santa Susana
Coordenadas: 42°52′40″N 8°32′57″O / 42.877662, -8.549028
A carballeira de Santa Susana é un outeiro de Santiago de Compostela que forma parte do Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda o Paseo da Alameda e o Paseo da Ferradura.[1][2]
Foi coñecido antigamente como outeiro de Poldros, no que houbo un castro.[3]
Historia
editarNo século XII, o arcebispo Xelmírez mandou construír unha igrexa para albergar as reliquias de Santa Susana de Braga, templo que foi remodelado nos séculos XVII e XVIII, e que está hoxe rodeado por máis de 300 carballos centenarios que forman unha magnífica carballeira.[2]
Características
editarNo alto do outeiro existe unha capela, a capela de Santa Susana, que data de fins do século XVII e comezos do XVIII, reconstrución da capela medieval na que o arcebispo Xelmírez levou os restos de Santa Susana que trouxera de Braga.
No adro da igrexa xuntábanse, na época de Xelmírez, os representantes dos veciños cada venres, o que deu orixe ao concello de Santiago.[Cómpre referencia]
A carballeira de Santa Susana está bordeada totalmente polo Paseo da Ferradura.[2]
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes da carballeira de Santa Susana.
-
Monumento a Castelao (1995).
-
Vista da Carballeira coa cidade ao fondo.
-
Capela de Santa Susana.
-
Capela de Santa Susana, vista frontal.
-
Vista lateral.
Notas
editar- ↑ "Parque da Alameda". Turismo de Santiago.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Alameda de Santiago de Compostela". Sociedad Española de la Camelia (en castelán). 2018-07-24. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2018. Consultado o 23 de maio de 2022..
- ↑ Otero, José Carro. "Santa Susana, copatrona fáctica de la ciudad de Santiago. Historia y antropología". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-11-10.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Carballeira de Santa Susana |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Alameda, el Paseo da Ferradura y Carballeira de Santa Susana, copatrona de la ciudad del Apóstol: esplendor verde de Santiago", no blog Xurde Morán, marzo de 2016 (en castelán).
- "Santa Susana, a carballeira asemblearia", post de Celso Alberte Magariños Costas no blog A Nosa Historia, xaneiro de 2016.