Aid
rapeira galega
Aida Alonso Iglesias, chamada artisticamente Aid, nada en Vigo en 1990, é unha rapeira galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Aida Alonso Iglesias ![]() 28 de marzo de 1990 ![]() Vigo, España ![]() |
Datos persoais | |
Outros nomes | Aid ![]() |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Vigo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | rapeira , artista discográfico ![]() |
Período de actividade | 2003 ![]() |
Xénero artístico | Música hip hop ![]() |
Lingua | Lingua castelá, lingua galega e lingua inglesa ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Páxina web | aid.gl ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarComezou a actuar con quince anos en pequenos locais de Vigo e Vilagarcía, acompañada doutros MCs e tamén en solitario. En 2007 colaborou con El Puto Coke e gravou o seu primeiro álbum en solitario. En 2008 fixo o seu debut internacional en Lisboa. Estudante de Telecomunicacións na Universidade de Vigo, en outubro de 2008 gañou o premio Heineken Greenspace, para intérpretes musicais novos de toda España.
Ten elaborado obradoiros de hip hop en centros culturais e de ensino galegos e traballado como locutora e reporteira en medios locais da súa cidade.
Discografía
editarLibro-CD
editarNotas
editar- ↑ Dende Vigo chega Aíd, a voz dunha xeración, Vieiros, 11/2/2009