Nu metal
O nu metal é un estilo musical que combina o metal alternativo co rap, hardcore punk,[1] rock alternativo e ás veces co pop, tamén adoita ter esencias doutros estilos como o funk, a música electrónica, o reggae e o folk, entre outros. Utiliza guitarras menos estridentes e máis graves que o rock ou heavy metal convencional, acompañadas por efectos e estraños sons nos riffs. Xurdiu a principios e mediados dos anos 1990 no sector dos Ánxeles e impulsado principalmente por grupos como Korn, Deftones e Limp Bizkit. Pero sen dúbida os precursores e influenciadores deste xénero foron bandas como Suicidal Tendencies, Machine Head, Eric B. & Rakim, Nine Inch Nails, Anthrax, Beastie Boys, Faith No More, Tool, Rage Against the Machine e Pantera, que foron bandas que empezaron a moldar este xénero a pricipios dos 90, pero o seu estilo non tiña nada que ver co nu metal. Tivo o seu auxe popular a finais dos 90 e comezos do milenio, pero comezou a decaer e perder gancho comercial do 2001 para adiante.
Nu metal | |
---|---|
Orixe musical | heavy metal, rap metal, grunge,[1] funk metal |
Orixe cultural | principios dos 90 nos Estados Unidos |
Instrumentos típicos | guitarra eléctrica, baixo, xiradiscos, batería, secuenciadores, samplers |
Chámaselle nü metal, que vén de new metal (novo metal) por querer representar unha evolución do metal tradicional. En certas partes chámase aggro metal ao nu metal máis agresivo e menos rapeado (Ill Niño, Slipknot, Mudvayne etc.), para diferencialo co menos agresivo e máis relacionado co rap (Linkin Park, Limp Bizkit, POD etc.).
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Genre: Alternative Metal". Allmusic. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2011. Consultado o 22 May 2010.
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |