Metal alternativo

Subxénero da música heavy metal

Metal alternativo é un subxénero do heavy metal que gañou popularidade a principios dos anos 90. As bandas deste xénero destacan polos seus pesados riffs de guitarra que tenden cara a experimentación, teñen letras pouco convencionais, tempos impares con máis contratempos que o metal normal, usa técnicas máis infrecuentes, afástase dos convencionalismos do heavy metal e incorpora un amplo rango de influencias fóra da escena musical do metal.

Metal alternativo
Orixe musicalrock alternativo, heavy metal
Orixe culturalmediados-finais dos 80 nos Estados Unidos
Instrumentos típicosvoz, guitarra, baixo e batería

Historia

editar

O termo é usado como unha categorización moi frouxa, pero normalmente describe a artistas que tocan un estilo de heavy metal cunha aproximación "alternativa". Moitas bandas categorizadas así están influenciadas por igual polo rock alternativo e polo heavy metal.

Inicialmente o metal alternativo estaba dirixido principalmente aos seguidores do rock alternativo, xa que todas as bandas de metal alternativo dos 80 tiñan as súas raíces nas escena underground estadounidense. Estas bandas comunmente emerxían do hardcore punk (Corrosion of Conformity), do post-hardcore/noise rock (Helmet, The Jesus Lizard), do grunge (Alice in Chains, Soundgarden), ou o rock industrial (Ministry, Nine Inch Nails).

Estas bandas nunca formaron un estilo ou escena distinto, xa que cada un incorporou influencias do metal tradicional e experimentou con elas á súa maneira.

 
Corrosion of Conformity

O movemento grunge de principios dos 90 axudou a incrementar a audiencia destas bandas, e estes artistas estaban cómodos actuando para seareiros do rock alternativo en festivais como Lollapalooza, que tamén se estaban abrindo a bandas de metal como Metallica. Co cambio da paisaxe musical coa recente popularidade do rock alternativo, moitos tipos de bandas de metal comezaron a asociarse co termo.

Novas bandas emerxeron nese tempo coa súa distintiva aproximación ao metal: Skinny Puppy, Nine Inch Nails e Ministry comezaron o industrial, combinando a música electrónica con influencias punk con guitarras pesadas; System of a Down e Tool e os influenciados polo grunge Cold e Allele víronse influenciados polo rock progresivo; Rage Against the Machine incorporou o hip hop e o post-punk como Gang of Four fixera co metal, e Helmet mesturou un fondo de influencias jazz e noise rock/post-hardcore con música rock moi intensa.

A medida que os 90 avanzaban, o son do metal alternativo foi estandarizándose ao inspirarse as bandas máis novas nos mesmos grupos; en Rage Against the Machine, Korn, Deftones, Faith No More, Nine Inch Nails, Primus ou Helmet. Korn, particularmente, cos seus riffs graves e a súa agresiva disonancia, creou o modelo sonoro para un novo movemento, que sería coñecido como nu metal. Durante a primeira década do século XXI, bandas como Queens of the Stone Age, Muse, Fightstar e Biffy Clyro tamén adoptaron patróns do metal alternativo en gran parte da súa música. Antigas bandas de nu metal como Linkin Park tamén fixeron incursións no metal alternativo despois da súa perda de popularidade. Deftones, que comezou a súa carreira antes de que o nu metal se fixese coñecido, tamén regresou ao metal alternativo, e, xunto con QotSA son considerados os pais do metal alternativo moderno. Algunhas bandas do xénero tamén usaron elementos progresivos no seu traballo, como Biffy Clyro e Fightstar.