Abrir o menú principal
20090811 Lollapalooza.jpg

Lollapalooza é un festival musical estadounidense que se celebra anualmente e ofrece recoñecidas bandas de heavy metal, rock alternativo, hip hop e punk rock, ademais de espectáculos de danza e comedia e talleres. Tamén proporciona unha plataforma para organizacións políticas e sen ánimo de lucro. En 2011, a empresa Geo Eventos confirmou a versión brasileira do evento, que será a súa sede no Jockey Club, en São Paulo os días 7 e 8 de abril de 2012.

Índice

Historia e característicasEditar

Polos escenarios de Lollapalooza pasaron unha ampla variedade de grupos e o festival axudou a popularizar a artistas ou bandas alternativas como Red Hot Chili Peppers, Pearl Jam, Primus, The Killers, Rage Against the Machine, Arcade Fire, Nine Inch Nails, Jane's Addiction, Soundgarden, Siouxsie & the Banshees, The Smashing Pumpkins, Muse, Alice in Chains, Tool, Hole, 30 Seconds to Mars, The Strokes, Lady Gaga e Green Day.

Concibido e creado en 1991 polo vocalista de Jane's Addiction Perry Farrell como unha xira de despedida da súa banda, Lollapalooza celebrouse anualmente ata 1997, e recuperouse no ano 2003. Dende a súa creación ata 1997, e na súa edición do 2003 o festival xirou por Norteamérica. No ano 2004 os seus organizadores decidiron aumentar as datas a dous días por cidade, pero as baixas vendas de estradas fixo que esa edición fose cancelada. No 2005, Farrell e a William Morris Agency asociada coa compañía de Austin, Texas Capital Sports Entertainment (agora C3 Presents), reestructuraron Lollapalooza ao seu actual formato, un festival de fin de semana en Grant Park, Chicago, Illinois. No 2010 anunciaron que Lollapalooza estrearíase no estranxeiro, facéndose tamén en Santiago de Chile os días 2 e 3 de abril do 2011.

Expansión internacionalEditar

No comezo da década de 2010, cos obxectivos de aproveitar a recuperación do prestixio do festival e de promovelo aínda máis, foron elaborados plans de realización de versións na América do Sur, en Europa e outras rexións do mundo. Para 2015, preténdese realizar o festival n Canadá.[1]

Chile
Véxase tamén: Lollapalooza Chile 2011.

Xa en 2010, foi dito que o primeiro país que recibiría a realización do festival sería o Chile, programado o evento para o comezo de abril de 2011 en Santiago, con concertos de 311, Jane's Addiction, The Drums, The Killers, Fatboy Slim, Thirty Seconds to Mars, The National, Manny and Gil The Latin, Javiera Mena, Los Bunkers, Ana Tijoux, Deftones, Los Plumabits, Cypress Hill, The Flaming Lips e outros.[2]

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

  1. "Lollapalooza Might Expand To Toronto In 2015" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2015. 
  2. "Lollapalooza Chile 2011: The Killers, Jane’s Addiction, Kanye West y Yeah Yeah Yeahs" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2015.