Deftones é unha banda estadounidense de nu metal procedente de Sacramento (California), fundada en 1988. Está considerada coma unha das bandas máis innovadoras de finais do século XX.

Deftones
OrixeSacramento (California),
Período1988 - actualidade
Xénero(s)metal alternativo, nu metal, rock experimental, post-metal
Selo(s) discográfico(s)Warner Music, Maverick Records
MembrosChino Moreno
Stephen Carpenter
Abe Cunningham
Frank Delgado
Sergio Vega
Antigos membrosChi Cheng
Na rede
http://www.deftones.com
IMDB: nm2475277 Facebook: deftones Twitter: deftones Instagram: deftones MySpace: deftones Youtube: UCQDsiRE--IQe5ycCLeetIxQ Bandcamp: deftonesSouncloud: deftones_official Spotify: 6Ghvu1VvMGScGpOUJBAHNH iTunes: 1092903 Last fm: Deftones Musicbrainz: 7527f6c2-d762-4b88-b5e2-9244f1e34c46 Songkick: 83230 Discogs: 12210 Allmusic: mn0000813946 Deezer: 535 Genius: Deftones Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

O grupo formouse en Sacramento en 1988 cando os estudantes de secundaria Stephen Carpenter, Abe Cunningham e Chino Moreno empezaron a tocar xuntos. Pronto puideron investir moito diñeiro no grupo xa que Stephen foi atropelado por un condutor bébedo, o que lle proporcionou unha boa suma de cartos. Entón empezaron a ensaiar en pequenos locais e buscaron un baixista. Logo de probar cuns cantos, atoparon a Chi Cheng. Aínda que o grupo ao principio se baseaba moito no heavy metal, a principios dos 90 levaron o seu son un pouco máis lonxe, inspirados en bandas como Duran Duran, Depeche Mode, Bad Brains etc.

Unha demo de 4 cancións chamada (Like) Linus, é o único que tiñan antes de asinar coa discográfica de Madonna, Maverick Records. Co produtor Terry Date, que xa traballara con bandas do talle de Pantera ou Soundgarden, gravaron o debut do cuarteto, Adrenaline, que saíu á venda en outubro de 1995. O disco non foi un éxito inmediato así que a banda fíxose unha base de fans tocando en pequenos locais ou como abreconcertos de grupos como Ozzy Osbourne, L7 ou Korn.

Cando as vendas de Adrenaline estaban chegando ás 200.000 copias os fans xa esperaban o seu segundo disco, Around The Fur, que saíu á venda en outubro de 1997, e que (esta vez si) os catapultou á fama cos sinxelos "My Own Summer (Shove It)" e "Be Quiet And Drive (Far Away)", ademais a lista de membros do grupo aumentou a 5 coa incorporación do dj Frank Delgado. En xuño de 2000 sae o seu terceiro álbum de estudio, White Pony, que volveu ser un éxito e demostrou que o quinteto non dubidaba á hora de experimentar co seu son.

En 2003 sae o seu cuarto disco, Deftones, no que seguiron experimentando, pero quizais non tanto como en White Pony, máis tarde víase unha separación por parte da banda cando alternaban cos seus proxectos paralelos, xa que a influencia que exercían nos integrantes de Deftones non lograban axustarse para unha nova produción.

En outubro de 2005 aparece nas tendas o quinto disco titulado B-Sides & Rarities, un disco recompilatorio que inclúe cancións raras e versións de grupos como Sade, Cocteau Twins ou The Cure, e un DVD con tódolos vídeos do grupo. Dito disco reflectía fisicamente a separación temporal da banda.

O 31 de outubro de 2006 a banda lanzou Saturday Night Wrist que debutou no posto 10 das lista de éxitos Billboard, alcanzando vendas de 76.000 discos, unha diminución significativa respecto os seus dous álbums previos. O 4 de maio de 2010 saíu ao mercado Diamond Eyes.

O 13 de abril de 2013 falecía Chi Cheng, baixista da banda, tras pasar máis de catro anos en coma despois de sufrir un accidente de tráfico en novembro do ano 2008.[1]

Discografía

editar

Álbums

editar
Álbum Ano Selo
Adrenaline 1995 Maverick Records, Warner Bros. Records
Around the Fur 1997 Maverick Records, Warner Bros. Records
White Pony 2000 Maverick Records
Deftones 2003 Maverick Records
Saturday Night Wrist 2006 Maverick Records
Diamond Eyes 2010 Reprise Records, Warner Bros. Records
Koi No Yokan 2012 Reprise Records, Warner Bros. Records
Gore 2016 Reprise Records, Warner Bros. Records
Ohms 2020 Reprise Records, Warner Bros. Records

Sinxelos

editar
Ano Tema Álbum
1995 "7 Words" Adrenaline
1996 "Bored" Adrenaline
1997 "My Own Summer (Shove It)" Around the Fur
1998 "Be Quiet and Drive (Far Away)" Around the Fur
2000 "Change (In The House Of Flies)" White Pony
2000 "Back To School" White Pony
2001 "Digital Bath" White Pony
2001 "Street Carp" White Pony
2003 "Minerva" Deftones
2003 "Hexagram" Deftones
2006 "Hole in the Earth" Saturday Night Wrist
  1. rollingstone.es (ed.). "Fallece Chi Cheng, bajista de Deftones" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2013. Consultado o 14 de abril de 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar