Deftones (álbum)

Deftones é o cuarto álbum da banda estadounidense de metal alternativo Deftones, publicado o 20 de maio de 2003 a través do selo Maverick Records. O álbum conta cun espectro máis amplo de estilos musicais que os seus traballos anteriores, que van dende algunhas das súas composicións máis pesadas (como "Bloody Cape" e "When Girls Telephone Boys") ata cambiantes influencias trip hop (como "Lucky You"). É o derradeiro disco do grupo producido por Terry Date, que levaba traballando con Deftones dende o seu álbum de estrea en 1995.

Deftones
Álbum de Deftones
Publicado20 de maio de 2003
Gravaciónmarzo - outubro de 2002
Estudio(s)Studio X en Seattle; Larrabee Studio en West Hollywood; The Spot en Sacramento
Duración47:14
Xénero(s)metal alternativo, rock experimental
Selo(s)Maverick Records
Producido porTerry Date e Deftones
Cronoloxía
White Pony Deftones B-Sides & Rarities

Listaxe de cancións editar

Todos os temas compostos por Deftones agás "Lucky You", por Deftones e DJ Crook.

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Hexagram"    4:09
2. "Needles and Pins"    3:23
3. "Minerva"    4:18
4. "Good Morning Beautiful"    3:28
5. "Deathblow"    5:28
6. "When Girls Telephone Boys"    4:36
7. "Battle-Axe"    5:01
8. "Lucky You" (feat. Reyka Osburn)Deftones and DJ Crook 4:10
9. "Bloody Cape"    3:37
10. "Anniversary of an Uninteresting Event"    3:57
11. "Moana"    5:02