Duran Duran é unha banda inglesa de New Wave formada en Birmingham en 1978. Foi un dos grupos máis exitosos dos anos 80 e un dos principais da "Segunda invasión británica" dos Estados Unidos, conducida pola MTV. Dende os anos 80 levan colocados 14 sinxelos no top 10 británico e 21 na lista estadounidense Billboard Hot 100 e ten vendidos, segundo o Sunday Mercury, máis de 100 millóns de discos.

OrixeBirmingham, Inglaterra Inglaterra
Período1978 - presente
Xénero(s)pop rock, New Wave, synthpop
Selo(s) discográfico(s)Capitol, EMI, Parlophone, Virgin, Epic, Hollywood, Tapemodern, Allido
MembrosNick Rhodes
John Taylor
Roger Taylor
Simon Le Bon
Antigos membrosStephen Duffy
Simon Colley
Andy Wickett
Jeff Thomas
Alan Curtis
Andy Taylor
Warren Cuccurullo
Sterling Campbell
Artistas relacionadosArcadia, The Power Station, TV Mania, Neurotic Outsiders, The Devils, Chicanery, Robert Palmer, Missing Persons, John Frusciante, Mark Ronson
Na rede
duranduran.com
IMDB: nm0243686 IBDB: 470384
Facebook: duranduran Twitter: duranduran Instagram: duranduran Tumblr: duranduranofficial MySpace: duranduran Youtube: UC3Pb3fztIUVLCisYZgygcjg TikTok: duranduran Souncloud: duranduran Spotify: 0lZoBs4Pzo7R89JM9lxwoT iTunes: 487384 Last fm: Duran+Duran Musicbrainz: 1a1cd7f3-e5df-4eca-bae2-2757c9e656b5 Songkick: 427500 Discogs: 10262 Allmusic: mn0000128440 Deezer: 596 Genius: Duran-duran Editar o valor em Wikidata

Aínda que se lles considerou normalmente parte da escena New Romantic, xunto con bandas como Spandau Ballet, cando apareceron, posteriormente cambiaron esa imaxe. O grupo traballou con deseñadores de moda para crear unha imaxe distintiva e elegante que lles fixo gañarse o alcume de "os rapaces máis guapos do rock". Os controvertidos vídeos de Duran Duran, que incluían espidos parciais e suxerían sexualidade, fixéronse populares a comezos dos 80 na entón nova canle de vídeos MTV. Duran Duran estivo entre os primeiros grupos en ter vídeos rodados por directores profesionais con cámaras de cine de 35 mm, que lle daban aos seus vídeos unha aparencia moito máis coidada.

O grupo formárono Nick Rhodes, John Taylor e Stephen Duffy, entrando posteriormente Roger Taylor e, despois de numerosos cambios de persoal, Andy Taylor e Simon Le Bon (ningún dos Taylors son parentes, e Roger Taylor non debe confundirse co batería de Queen do mesmo nome). A banda nunca se separou, pero a formación cambiou para incluír ao guitarrista Warren Cuccurullo dende 1989 ata 2001 e ao batería Sterling Campbell dende 1989 ata 1991. A reunión dos cinco membros orixinais a comezos dos anos 2000 creou axitación entre os seareiros e os medios musicais. Andy Taylor deixou o grupo a mediados do ano 2006, e o guitarrista de Londres Dom Brown vén traballando dende entón con Duran Duran como músico de estudio e xira.

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Duran Duran 1981 Capitol/EMI
Rio 1982 Capitol/EMI
Seven and the Ragged Tiger 1983 Capitol/EMI
Notorious 1986 Capitol/EMI
Big Thing 1988 Capitol, Parlophone, EMI
Liberty 1990 Capitol, Parlophone, EMI
Duran Duran (The Wedding Album) 1993 Capitol, Parlophone, EMI
Thank You 1995 Capitol, Parlophone, EMI
Medazzaland 1997 Capitol/EMI
Pop Trash 2000 Hollywood
Astronaut 2004 Epic
Red Carpet Massacre 2007 Epic, Sony BMG
All You Need Is Now 2010 Tapemodern
Paper Gods 2015 Warner Bros. Records
Future Past 2021 BMG, Tape Modern
Danse Macabre 2023 BMG, Tape Modern

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar