Queen

banda británica de rock

Queen é unha banda británica de rock creada en Londres en 1970, trala ruptura do grupo Smile. Orixinalmente estivo formada por Freddie Mercury (voces, piano), Brian May (guitarra, voces), John Deacon (baixo) e Roger Taylor (batería, voces). Os seus primeiros traballos estaban influenciados polo rock progresivo, o hard rock e o heavy metal, pero gradualmente aventurouse cara a unha música máis convencional, incorporando diversos estilos ao seu son.

Queen en Frankfurt, Alemaña (1984)
OrixeLondres, Inglaterra Inglaterra
Período1970 - presente
Xénero(s)Rock
Selo(s) discográfico(s)Parlophone, Hollywood
Antigos membrosJohn Deacon
Brian May
Freddie Mercury
Roger Taylor
Na rede
http://queenonline.com/
IMDB: nm1277102 Allmovie: p58192
Facebook: Queen Twitter: QueenWillRock Instagram: officialqueenmusic MySpace: queen Youtube: UCiMhD4jzUqG-IgPzUmmytRQ TikTok: queenofficial BNE: XX133799 Souncloud: queen-69312 Spotify: 1dfeR4HaWDbWqFHLkxsg1d iTunes: 3296287 Last fm: Queen Musicbrainz: 0383dadf-2a4e-4d10-a46a-e9e041da8eb3 Songkick: 469904 Discogs: 81013 Allmusic: mn0000858827 Deezer: 412 Genius: Queen Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

A historia deste grupo británico comezou en 1968 cando Brian May e Tim Staffell fundaran Smile. A este proxecto uniuse Roger Taylor como batería. En 1970 Tim Staffell abandona o grupo. Nese mesmo ano incorpórase Freddie Mercury e cambian o nome de Smile por Queen. A razón deste nome débese a que os integrantes da banda buscaban algo que fose identificativo doado de coñecer por calquera persoa do mundo. Un ano máis tarde, en 1971 únese John Deacon como baixista e quedaría pechada a formación do grupo que nunca experimentou cambios ata a súa desaparición.

O seu primeiro grande éxito foi "Bohemian Rhapsody", escrita por Freddie e producida por Roy Thomas Baker en outubro de 1975. Estaba dentro do seu álbum A night at the opera. Previamente, Queen gravara tres discos: Queen, Queen II e Sheer Heart Attack.

En 1976 publican A day at the races e en outubro de 1977 News of the world, que contén a simbólica canción "We are the champions", utilizada en multitude de eventos deportivos. O grupo non paraba e un ano máis tarde sae á luz Jazz. Deste volume destacan "Bycicle Race" e "Fat Bottomed Girls" cunha portada no sinxelo que presentaba unha muller espida en bicicleta e tivo que ser retirada e modificada amosando esa muller levando roupa interior.

1979 acolle o seu primeiro disco dun directo, Live Killers, e en 1980 publican The Game, que contiña o tema "Another One Bites The Dust", o sinxelo máis vendido do grupo. No mesmo ano tamén gravarían a banda sonora da película Flash Gordon.

Durante 1981 os seus esforzos céntranse nunha xira por diversos países do mundo e, ó terminar levaron a cabo os preparativos para gravar Hot Space, que saería publicado en 1982. En decembro dese ano Queen aparece dentro do libro Guinness como a banda mellor pagada.

Dous anos máis tarde publican The Works. Dentro deste álbum atópase o éxito "Radio Ga Ga". O videoclip deste tema desenvólvese no ambiente da película Metropolis.

Queen participou en 1985 no festival Rock In Rio congregando a uns 250.000 espectadores. En xuño do mesmo ano o grupo realiza a banda sonora de Highlander, no disco titulado A Kind Of Magic e en decembro realizan o seu segundo álbum en directo Live Magic.

Freddie Mercury xunto a Montserrat Caballé gravan un disco xuntos. Incluía a canción "Barcelona" que foi tomada como tema dos Xogos Olímpicos de 1992.

The Miracle foi o décimo sexto álbum da banda que se publicou en maio de 1989. En 1990 Queen asina con Disney Hollywood Records o maior contrato da historia da música.

Greatests Hits II, o seu segundo recompilatorio, aparece en outubro de 1991 e no mesmo ano, o 23 de novembro, Freddie anuncia publicamente que padece SIDA e morre o día seguinte.

Roger, John e Brian editan 'Made in Heaven' en 1995 con temas nos que traballou Freddie antes de morrer. A partir deste punto, a banda deixou de tocar e soamente publicou numerosos recompilatorios, feito que produciu o enfado de Deacon e diversas discusións entre os compoñentes.

 
Estrela adicada a Queen no paseo da Fama de Hollywood

Membros

editar

Discografía

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.