Montserrat Caballé

soprano lírica catalá

Montserrat Concepción Viviana Caballé Folch, nada en Barcelona o 12 de abril de 1933 e finada na mesma cidade o 6 de outubro de 2018,[1] foi unha soprano lírica catalá. Foi recoñecida pola súa técnica vocal e considerada unha das máis admiradas cantantes de ópera do mundo.[2] Acadou moita sona pola súa técnica e as súas interpretacións dos grandes papeis de bel canto de Rossini, Bellini e Donizetti. O seu irmán Carles era o seu representante, e a súa sobriña Montse, a súa secretaria.

Montserrat Caballé
Montserrat Caballé 1971b.jpg
Montserrat Caballé en Milán en 1971
Nome completoMontserrat Concepción Viviana Caballé Folch.
AliasA Superba
Nacemento12 de abril de 1933
OrixeBarcelona
Falecemento6 de outubro de 2018
 Barcelona
Causadoenza infecciosa
SoterradaCementiri de Sant Andreu de Palomar
CónxuxeBernabé Martí
FillosMontserrat Martí
OcupaciónCantante
Xéneroópera
Instrumento(s)Voz
Tipo de vozSoprano
Relacionado conJosé Carreras, Alfredo Kraus, Freddie Mercury, José María Cano, Montserrat Martí, Bernabé Martí
Tempo en activo19562018
Na rede
montserrat-caballe.de
IMDB: nm0127481 Facebook: Montserrat-Caballé-26710398681 Spotify: 6oGu0NZWy8gJ18wggybFqH Musicbrainz: a96e61bc-1da0-45d0-816d-ebd00b70ff9d Songkick: 316019 Discogs: 253133 Allmusic: mn0000659071 WikiTree: Caballé_i_Folch-1 Genius: Montserrat-caballe Editar o valor em Wikidata

TraxectoriaEditar

ComezosEditar

Montserrat Caballé naceu na rúa de Igualada do barrio de Gràcia[3], filla de Carles Caballé e Anna Folch, procedentes de familias de clase media moi empobrecidas trala Guerra civil española.[4] Pola súa orixe humilde, de moza traballou zurcindo medias. Graduouse en peritaxe mercantil e estudou doce anos no conservatorio do Liceu, onde fixo solfexo, piano e canto, e gañou a medalla de ouro de 1954. No conservatorio barcelonés foi discípula de Eugenia Kemeny (a quen atribúe o desenvolvemento da súa técnica respiratoria), Pere Vallribera, Napoleone Annovazzi e Conchita Badía.[5] Pere Vallribera (quen máis tarde se converteu en director do Conservatorio) considerou que o interese e as cualidades da voz de Montserrat merecían fomentar a súa aprendizaxe cunha bolsa de estudos.[6]

 
Placa na casa natal

A causa do delicado estado de saúde do pai, toda a familia trasladouse un tempo á localidade ilerdense de La Floresta. Durante este período, Montserrat viuse obrigada a abandonar as clases para facerse cargo do seu irmán Carles. En 1945 volveron a Barcelona, onde viviron nun modesto piso no distrito de Les Corts. Malia as penurias, a finais de setembro de 1949 comezou os seus estudos preliminares de voz. Unha nova enfermidade do pai fixo que Montserrat, á marxe dos estudos, se puxese a traballar nunha fábrica durante o día e asistise ao Liceu á tardiña. Porén, tivo que deixar os estudos para facer máis horas e poder pagar unha intervención cirúrxica do pai.[6]

Naquela época, froito dunha desesperación extrema, decidiron pedirlle axuda a Joan Antoni Bertrand, herdeiro dunha familia industrial téxtil, mecenas e un dos propietarios do Liceo. Bertrand organizou unha audición en que Montserrat, que xa tiña 17 anos, foi convidada a cantar ante media ducia de persoas, entre elas, el mesmo e a irmá deste, Mercé. Nesa audición tamén participaron Max Lorenz (famoso tenor wagneriano que cantaba no Liceu), Julius Katchen (recoñecido pianista estadounidense que actuaba no Palau de la Música de Barcelona) e Alícia de Larrocha, seleccionados por Bertrand entre o seu amplísimo círculo de amizades melómanas.[6]

O patrocinio dos Bertrand permitiulle a Caballé volver estudar canto no Liceu a tempo de comezar o ano académico 1950-1951. Cun entusiasmo renovado, fixo grandes progresos en pouco tempo, e mesmo chegou a estudar dous cursos por ano. Entre as compañeiras destes anos de estudo estaba Mirna Lacambra, con quen fixo grande amizade.[4]

Eugenia Kemmeny era unha soprano que abordara noutrora papeis wagnerianos. Refuxiada en Barcelona logo da Segunda Guerra Mundial, adicábase á formación de novos cantantes e da técnica do canto no Conservatorio do Liceu con métodos que incluían mesmo a ximnasia. Conchita Badía, recoñecida intérprete de lieder (a quen Caballé sempre considerou a súa nai musical[6]), deulle consellos profesionais de canto moi importantes para a moza. Napoleone Annovazzi, responsable musical do Liceu dende 1942 até 1953 e docente de harmonía, contrapunto e orquestración[6], orientouna no referente ao repertorio posterior.[4]

Dous acontecementos artísticos foron importantes para o desenvolvemento futuro de Caballé. En 1952 Demmeny convidouna a un concerto de Kirsten Flagstad no Liceu.[7] Por outra banda, en 1953 debutou Renata Tebaldi no Liceu. Tres anos despois, Montserrat puido escoitar a diva italiana en moitos dos seus papeis principais, incluídos os de Violetta, Tosca e Mimí.[6] Tebaldi, coa cal coincidiu máis tarde, convertérase daquela nun ídolo do público do Gran Teatre del Liceu.[4]

Con 21 anos afrontou o exame final de curso que estaba formado por Dove sono i bei mornenti (do acto de Le nozze di Figaro), Ah, non credea mirarti (do acto II de La sonnambula) e Und ob die Wolke (do acto I de Der Freischütz).[6] Porén, os nervios acumulados fixeron que, mentres estaba a cantar a última peza, Montserrat sufrise un síncope e perdese o coñecemento. Malia ser certificado polo médico presente, un dos membros do xurado non quixo admitir tal xustificación e non se lle concedeu a medalla de ouro do Conservatorio. Este resultado solucionouse finalmente, logo dun primeiro intento en 1962 que Montserrat rexeitou [6], o 7 de xaneiro de 1987, no concerto do 25º aniversario do debut no Liceu da cantante.[4]

A primeira actuación logo da súa titulación, tamén o seu debut operístico, foi co papel de Serpina na ópera de Giovanni Battista Pergolesi La serva padrona. Tivo lugar no Teatre Principal de València o 27 de xuño de 1955, coa daquela nomeada Companyia d'Òpera de Cambra de Barcelona, dirixida por Napoleone Annovazzi.[4] Uns días máis tarde interpretou o mesmo papel no Teatre Fortuny de Reus e en Figueres.[6] Poucos días despois, o 10 de xullo de 1955, tivo lugar o seu debut en Barcelona, concretamente na Sala Vila Arrufat de Can Bartomeu, en Pedralbes, seguramente recomendada por Conchita Badía.[4]

Italia, Suíza e AlemañaEditar

En Italia, tras moitas probas infrutuosas en Nápoles e Roma, coa axuda do barítono catalán Raimon Torres conseguiu un contrato no Maggio Musicale Fiorentino que finalmente non se levou a cabo.[4] Máis tarde viaxou a Suíza con toda a familia. Entre 1956 e 1958 foi parte da compañía da Opera de Basilea, onde o director do Teatro Municipal (Stadttheater Basel), Hermann Wedekind, deulle a oportunidade de facer substitucións en pequenos papeis. Un ano despois, a cantante que interpretaba aquela tempada a Mimí en La Bohème de Puccini cancelou a actuación. A substituta oficial sufriu unha repentina indisposición e a segunda non se encontraba na cidade, polo que a substituíu a soprano catalá. O enorme éxito logrado permitiulle, dende aquela, interpretar papeis protagonistas.[8]

Recoñecida como unha das cantantes permanentes da Opera de Basilea, Montserrat Caballé podía aceptar contratos ocasionais con outros teatros. Así, foi convidada a cantar o papel de Marta en Tiefland de Eugen d'Albert na Ópera de Bielefeld. O 28 de febreiro de 1959 debutou na Ópera de Viena como Dona Elvira nunha función de Don Giovanni. A súa interpretación gustou tanto que foi recompensada coa posibilidade de interpretar Salomé de Richard Strauss o 10 de maio.[4]

Traballou na Opera de Bremen entre 1959 e 1962, onde se especializou en papeis de bel canto.

Retorno ó LiceuEditar

En 1962 retornou a Barcelona e comezou a actuar no Liceu[9] con Arabella de Strauss.

Nunha función de Madame Butterfly no Festival de Ópera da Coruña coñeceu o tenor Bernabé Martí. Casaron no Mosteiro de Montserrat o 14 de agosto de 1964 e tiveron dous fillos, Bernabé (1966) e Montserrat Martí (1972), tamén soprano.[10]

Lanzamento mundialEditar

A súa gran estrea internacional foi en 1965, no Carnegie Hall, cando tivo que substituír de súpeto a Marilyn Horne na Lucrecia Borgia de Donizetti. A súa actuación valeulle máis de 20 minutos de ovación.[11] Dende aquela, Caballé (alcumada A Superba) actuou nos grandes escenarios dos Estados Unidos, Francia, Alemaña, Bélxica, Suíza, Austria, Italia ou Dinamarca, entre moitos outros países.

En 1970 chamoulle a atención un debutante Josep Carreras. Caballé invitouno a cantar na produción Lucrezia Borgia, o primeiro grande éxito de Carreras.

Despedida e regresoEditar

En 1992 despediuse por unha larga tempada dos escenarios. Os seus problemas de saúde aconsellábanlle reducir os seus compromisos e, durante case unha década, a súa voz prodigouse en esporádicos recitais e concertos. Recuperada de varias intervencións cirúrxicas, regresou ó escenario en xaneiro de 2002,[12] no papel de Catarina de Aragón na ópera Henrique VIII, de Camille Saint-Saëns, en Barcelona.[13]

Falaba, entre outras linguas, inglés, alemán, italiano e francés. Foi Embaixadora de Boa Vontade da UNESCO dende 1994.[14] En 2006 actuou fronte o papa Bieito XVI no V Encontro Mundial das Familias, celebrado en Valencia. Interpretou o Padre Nuestro composto por José María Cano.[15]

 
Conservatorio Montserrat Caballé de Arganda

Popularidade fóra da óperaEditar

Fíxose moi popular fóra do mundo da ópera na música lixeira. Algunhas gravacións destacadas son:

RecoñecementosEditar

O conservatorio de Arganda del Rey leva o seu nome, así como rúas de varias cidades, como Dos Hermanas, Málaga, Roquetas de Mar, Alcalá de Guadaíra, Xetafe, Tarragona ou Torrevieja. Editáronse selos postais coa súa imaxe ou nome en Andorra, Malí e Saint Kitts e Nevis (2001).

Repertorio (selección)Editar

DiscografíaEditar

Premios (selección)Editar

 
Orde das Artes e das Letras

NotasEditar

 
A cruel Turandot (Caballé) e o príncipe Calaf (Pedro Lavirgen), Liceu, 1980.
  1. "Morre Montserrat Caballé aos 85 anos en Barcelona". Faro de Vigo. 6 de outubro de 2018. Consultado o 6 de outubro de 2018. 
  2. Diccionario Enciclopédico Ilustrado Durvan, 1996.
  3. 3,0 3,1 Enciclopedia Enciclonet.com (en castelán).
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Alier, Roger. Montserrat Caballé.
  5. Diccionario Enciclopédico Salvat Universal, 1979.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 Pullen, Robert e Jay-Taylor, Stephen. Montserrat Caballé. Casta diva.
  7. "Entrevista a Montserrat Caballé por Xavier Nicolás". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2012. Consultado o 08 de agosto de 2011. 
  8. Encarta 2009 Biblioteca Premium DVD (en castelán).
  9. La Vanguardia, 4 de xaneiro de 1962 (castelán).
  10. "Montserrat Caballé en 10 claves". Diez Minutos (en castelán). 13 de maio de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2017. 
  11. Univ. Internacional Menéndez Pelayo Arquivado 21 de decembro de 2009 en Wayback Machine. (castelán).
  12. BBC mundo.com, 5 de xaneiro de 2002 (castelán).
  13. Enciclopedia Universal Micronet 2006 (castelán).
  14. Portal da UNESCO Arquivado 29 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en castelán, inglés e francés).
  15. www.CasaReal.es, noticias (en castelán).
  16. El Pais do 17 de decembro de 1971 (en castelán).
  17. Caballé interpretando Tosca en 1970, RNE.
  18. "Amigos de la Ópera de A Coruña.org, ano 1963." (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2012. Consultado o 13 de novembro de 2009. 
  19. ABC do 15 de xaneiro de 1966 (en castelán).
  20. La Vanguardia, 15 de xaneiro de 1966 (castelán).
  21. La Vanguardia, 14 de novembro de 1972 (castelán).
  22. DOGC n.º 224, 19 de maio de 1982 (en castelán).
  23. MCU, Premio Nacional de Música (en castelán).
  24. Albert, Antonio (18 de outubro de 1991). "Premios Príncipe de Asturias". elpais.com (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2021. 
  25. ABC, 4 de setembro de 1997 (en castelán).
  26. "Bambi.de history, laureates" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2010. Consultado o 16 de novembro de 2009. 
  27. UPV, Doutora Honoris Causa (castelán e catalán).
  28. Premios Ondas do ano 1999 Arquivado 28 de maio de 2010 en Wayback Machine. (en castelán).
  29. MUCTR, Doutora Honoris Causa Arquivado 21 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (inglés e ruso).
  30. Letralia n.º 101, outubro de 2003 (en castelán).
  31. Páxina da Generalitat de Cataluña (en catalán).
  32. Ministerio de Cultura da Francia (en francés).
  33. Terra noticias, 27 de xaneiro de 2005 (en castelán).
  34. Ministerio de Asuntos Exteriores (castelán, ucraíno).
  35. ["Latin Grammy award winners". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2011. Consultado o 03 de novembro de 2009. 
  36. 20minutos, 26 de abril de 2007 (en castelán).
  37. Universia, red de universidades Arquivado 06 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar