Norma (ópera)
Norma é unha ópera en dous actos con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Felice Romani (baseado na traxedia Norma, ou l'infanticide de Alexandre Soumet). Foi estreada no Teatro alla Scala de Milán o 26 de decembro de 1831. É considerada un exemplo da suprema altura da tradición belcantista. "Casta diva" foi unha das arias máis coñecidas no século XIX.
Norma | |
---|---|
Libreto de 1891. | |
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Felice Romani |
Fontes literarias | L. A. Soumet e L. Belmontet: Norma, ou l'infanticide (traxedia en verso, 1831) |
Estrea | 26 de decembro de 1831 |
Teatro da estrea | Teatro alla Scala |
Lugar da estrea | Milán |
Duración | 2 horas 45 minutos[1] |
Música | |
Compositor | Vincenzo Bellini |
Personaxes | |
Norma (soprano dramática ou lírico-spinto) |
A personaxe de Norma é considerado un dos máis difíciles do repertorio para soprano. Este papel foi creado para Giuditta Pasta, que tamén encarnou, por primeira vez, a personaxe Amina na ópera La sonnambula. No século XX poucas cantantes o podían interpretar con éxito, entre elas destacaron as interpretacións de Rosa Ponselle nos anos '20, Joan Sutherland e Maria Callas nos anos '50 e '60. Máis recentemente impúxose a interpretación da soprano catalá Montserrat Caballé.
Personaxes
editarPersonaxe | Tesitura | Intérpretes na estrea, 26 de decembro de 1831 (Director: – ) |
---|---|---|
Norma, filla de Oroveso, suma sacerdotisa dos celtas | soprano | Giuditta Pasta |
Adalgisa, sacerdotisa no bosque da estatua de Irminsul | soprano ou mezzosoprano | Giulia Grisi |
Pollione, procónsul romano na Galia | tenor | Domenico Donzelli |
Oroveso, xefe dos druídas | baixo | Vincenzo Negrini |
Clotilde, amiga de Norma | soprano | Marietta Sacchi |
Flavio, compañeiro de Pollione | tenor | Lorenzo Lombardi |
Notas
editar- ↑ Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en castelán) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. pp. 146–147. ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ Guía visual de la Ópera, Espasa.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |