Giuditta Pasta
Giuditta Angiola Maria Costanza Pasta (nada Giuditta Angiola Maria Costanza Negri), nada en Saronno (Italia) o 26 de outubro de 1797 e finada o 1 de abril de 1865 en Como, foi unha cantante italiana cun rexistro de mezzosoprano e soprano. É considerada, xunto con Maria Malibran, a máis célebre cantante lírica do século XIX, aclamada no seu tempo polo seu rango vocal e a súa expresividade.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Giuditta Angiola Maria Costanza Negri ![]() 26 de outubro de 1797 ![]() Saronno (República Cisalpina) ![]() |
Morte | 1 de abril de 1865 ![]() Blevio (Reino de Italia) ![]() |
Causa da morte | bronquite ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Ópera ![]() |
Ocupación | cantante de ópera ![]() |
Xénero artístico | Música clásica e ópera ![]() |
Alumnos | Adelaide Kemble (pt) ![]() ![]() |
Tesitura | Soprano sfogato (en) ![]() ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Giuseppe Pasta ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich, (vol:21, p.334) ![]() |
![]() ![]() |

Traxectoria
editarFilla de Carlo Antonio Negri e Rachele Ferranti, naceu en Saronno, unha localidade italiana próxima a Milán, o 26 de outubro de 1797 como Giuditta Negri, e dende moi pequena mostrou interese pola música.
Pasta estudou inicialmente de xeito privado con B. Lotti e seu tío F. Ferranti. Proseguiu os seus estudos con Bonifazio Asioli e Giuseppe Scappa no Conservatorio de Milán.
En 1815 realizou o seu debut profesional no Teatro Filodrammatici de Milán en Le tre Eleonore de Scappa, onde interpretou un papel de contralto. O 17 de xaneiro do ano seguinte casou co avogado e tenor Giuseppe Pasta, quen se converteu no seu axente. En 1821 realizou unha interpretación brillante de Desdemona no Otello de Rossini no Théâtre-Italien de París. En 1824 conquistou Londres cunha serie de papeis de óperas de Rossini entre os que incluía o de Semiramis en Semiramide.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Giuditta Pasta |