La traviata

ópera de Giuseppe Verdi

La traviata é unha ópera en tres actos de Giuseppe Verdi con libreto de Francesco Maria Piave. Está baseada na novela de Alexandre Dumas A dama das camelias (1852), aínda que non directamente senón a través dunha adaptación teatral. Foi estreada o 6 de marzo de 1853 no Gran Teatro La Fenice de Venecia. Orixinalmente foi titulada Violetta polo seu personaxe principal.

La traviata
Cartel da estrea.
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaFrancesco Maria Piave
Fontes literariasBaseado na obra de Alexandre Dumas, A dama das camelias (1852)
Estrea6 de marzo de 1853
Teatro da estreaLa Fenice
Lugar da estreaVenecia
Duración2 horas
Música
CompositorGiuseppe Verdi
Personaxes

Violetta Valéry (soprano lírico-spinto)
Alfredo Germont (tenor lírico)
Giorgio Germont (barítono lírico)
Gastone (tenor)
Flora Bervoix (mezzosoprano)
Annina (soprano)
Barón Douphol (barítono)
Doctor Grenvil (baixo)
Amigos de Violetta, xogadores[1]

Piave e Verdi querían seguir a Dumas dándolle á ópera unha ambientación contemporánea, mais as autoridades de La Fenice insistiron en que se ambientara no pasado, "c. 1700". Non foi ata a década de 1880 cando se respectaron os desexos orixinais do compositor e do libretista e se representaron producións "realistas".[2]

La traviata está considerada como a terceira ópera da comunmente denominada "triloxía popular" de Verdi, que se iniciou con Rigoletto en 1851, e continuou con Il trovatore en 1853.[3]

Historia

editar

Representacións

editar

Personaxes

editar
Fanny Salvini-Donatelli foi a primeira Violetta.
Lodovico Graziani encarnou a Alfredo na estrea da ópera.
Personaxe Tesitura Elenco da estrea,
6 de marzo de 1853[4]
(Director: Gaetano Mares )
Violetta Valery, unha cortesá soprano Fanny Salvini-Donatelli
Alfredo Germont tenor Lodovico Graziani
Giorgio Germont, pai de Alfredo Germont barítono Felice Varesi
Flora Berboix, amiga de Violetta mezzosoprano Speranza Giuseppini
Annina, criada de Violetta soprano Carlotta Berini
Gastone, amigo de Alfredo tenor Angelo Zuliani
Barone Douphol, protector de Violetta barítono Francesco Dragone
Marchese d'Obigny, amigo de Flora baixo Arnaldo Silvestri
Dottore Grenvil baixo Andrea Bellini
Giuseppe, servinte de Violetta tenor G. Borsato
Servinte de Flora baixo G. Tona
Commisionado baixo Antonio Mazzini

Argumento

editar
Lugar: París e os seus arredores.[5]
Época: En torno a 1850, se ben na estrea a acción trasladouse ao século XVIII. O primeiro acto sitúase en agosto, o segundo en xaneiro e o terceiro en febreiro.[4]

Acto I

editar

O salón na casa de Violetta

Violetta Valery, unha famosa cortesá, dá unha luxosa festa no seu salón de París para celebrar a súa recuperación dunha enfermidade. Un dos últimos en chegar á festa é Gastone, un conde, que chega acompañado do seu amigo, o xove nobre Alfredo Germont, que había tempo que desexaba coñecer a Violetta, xa que a adoraba dende tempo atrás. Mentres pasea polo salón, Gastone dille a Violetta que a ama, e mentres ela estaba enferma, el visitouna cada día. Alfredo, unha vez presentados, exprésalle a súa preocupación pola súa delicada saúde, e despois decláralle o seu amor.

O barón, actual amante de Violetta, agarda preto para levala ao salón, onde lle piden ao barón que faga un brinde, mais el rexéitao, e a xente vólvese cara a Alfredo (Alfredo, Violetta, coro: Libiamo ne' lieti calici (Brindisi).

Desde a habitación veciña escóitase o son da orquestra, e os convidados móvense cara a alí para bailar. Sentíndose mareada, Violetta pide aos seus invitados que vaian diante e a deixen descansar ata que se recupere. Mentres os invitados bailan na habitación, Violetta mira a súa pálida cara no espello. Alfredo entra e expresa a súa preocupación pola súa fráxil saúde, declarando máis tarde o seu amor por ela (Alfredo, Violetta: Un dì, felice, eterea - "Un día, feliz e etéreo"). Ao principio, Violetta rexéitao porque o seu amor non significa nada para ela, mais hai algo en Alfredo que chega ao seu corazón. Cando el marcha, regálalle unha camelia, dicíndolle que regrese cando a flor murche. Ela promételle reunirse con el ao día seguinte.

Despois de que os invitados marcharan, Violetta pregúntase se Alfredo podería ser o home da súa vida (Violetta: Ah, fors'è lui – "Ah, quizais sexa el"). Mais finalmente desbota a idea, xa que precisa ser libre para vivir a súa vida, dun pracer a outro (Violetta: Sempre libera – "Sempre libre"). Dende fóra do escenario, escóitase a voz de Alfredo cantando sobre o amor segundo baixa pola rúa.

Acto II

editar

Escena 1: Na casa de campo de Violetta nos arredores de París

Tres meses despois, Alfredo e Violetta levan unha existencia tranquila nunha casa de campo, nas aforas de París. Violetta namorouse de Alfredo e abandonou completamente o seu anterior estilo de vida. Alfredo canta a súa vida feliz xuntos (Alfredo: De miei bollenti spiriti – "Dos meus espíritos ardentes"). Annina, a doncela, chega desde París e, cando Alfredo lle pregunta, dille que ela foi alí a vender os cabalos, as carruaxes e todo o que Violetta posúe para apoiar o seu estilo de vida no campo.

Alfredo queda abrumado ao saber isto e diríxese a París inmediatamente para corrixir a situación el mesmo. Violetta regresa a casa e recibe unha invitación da súa amiga Flora a unha festa en París esa tarde. O pai de Alfredo, Giorgio Germont, chega á casa e esixe a Violeta que rompa a súa relación co seu fillo polo ben da súa familia, xa que a sorte da súa irmá fora destruída pola súa conexión con ela, xa que a súa reputación como cortesá compromete o nome Germont (Giorgio: Pura siccome un angelo – "Pura coma un anxo"). Mentres, el queda impresionado pola nobreza de Violetta, algo que non esperaba dunha cortesá. Ela respóndelle que non pode poñer fin á súa relación porque o ama moito, mais Giorgio rógalle polo ben da familia. Violetta escoita, cun crecente remordemento, as patéticas palabras do señor Germont e finalmente se mostra conforme (Violetta, Giorgio: Dite alla giovine sì bella e pura – "Dille á xove, tan bela e pura") e dille adeus a Giorgio. Nun xesto de gratitude pola súa bondade e sacrificio, Giorgio bica a súa fronte antes de deixala a soas chorando.

Decide abandonar o seu amado. Violetta deixa unha nota a Annina para enviarlla a Flora aceptando a invitación á festa e, mentres escribe a súa carta de despedida a Alfredo, el entra. Case non pode controlar a súa tristeza e bágoas; fálalle repetidas veces do seu amor incondicional (Violetta: Amami Alfredo – "Ámame, Alfredo"). Antes de apresurarse fóra e ir a París, entrega a carta de despedida ao seu criado para que lla entregue a Alfredo.

Axiña, lévanlle a carta a Alfredo e, cando a le, Giorgio regresa e tenta reconfortar ao seu fillo, lembrándolle a súa familia na Provenza (Giorgio: Di Provenza il mar – "En Provenza"). Alfredo sospeita que o barón está detrás da súa separación con Violetta e a invitación á festa que ela atopa na mesa, fortalecendo as súas sospeitas. Decide enfrontarse a Violetta na festa. Giorgio tenta deter a Alfredo, mais el sae apresuradamente.

Escena 2: Festa na casa de Flora

 
Acto II, escena 2 da produción de Fife Opera en 2004.

Na festa, o marqués dille a Flora que Violetta e Alfredo se separaron. Pide a os animadores que interpreten para os invitados (Coro: Noi siamo zingarelle – "Somos xoves xitanos"); (Coro: Di Madride noi siam mattadori – "Somos toureiros de Madrid"). Gastone e os seus amigos únense aos toureiros e cantan (Gastone, coro, bailarines: E Piquillo, un bel gagliardo – "Foi Piquillo, un belo mozo").

Violetta chega co barón Douphol. Ven a Alfredo nunha mesa de xogo. Cando a ve, Alfredo proclama en voz alta que levará a Violetta a casa con el. Sentíndose alporizado, o barón achégase á mesa de xogo e únese a el no xogo. Conforme apostan, Alfredo gaña grandes cantidades de diñeiro ata que Flora anuncia que a cea está preparada. Alfredo marcha con presadas de cartos.

Mentres todos abandonan a habitación, Violetta pídelle ver a Alfredo. Temendo que a ira do barón o leve a desafiar a Alfredo a un duelo, ela pídelle a Alfredo que marche. Alfredo confunde os seus temores e enfróntase a ela esixíndolle que admita que ama ao barón. Con dor, ela admíteo e, alporizado, Alfredo chama aos invitados para testemuñar o que el ten que dicir (Questa donna conoscete? – "Coñecedes a esta dama?"). Deshónraa tirándolle cartos que di lle debe polos servizos prestados mentres viviron xuntos, fronte aos invitados. Violetta desmáiase abrumada pola enfermidade e a pena. Os invitados rifan con Alfredo: "Marcha unha vez, despreciámoste. Insultaches a unha nobre dama".

En busca do seu fillo, Giorgio entra no salón e, sabendo o significado real da escena, denuncia o comportamento do seu fillo (Giorgio, Alfredo, Violetta, coro: Di sprezzo degno, se stesso rendo – "Merecedor de desprecio é o hombre").

Flora e as damas tentan convencer a Violetta para que abandone o salón, mais Violetta vólvese cara a Alfredo: Alfredo, Alfredo, di questo cuore non puoi comprendere tutto l'amore – "Alfredo, Alfredo, non puedes imaxinarte o amor que hai no meu corazón por ti".

Acto III

editar

Habitación de Violetta

Algúns meses despois da festa, Violetta xace na cama debido ao avance da tuberculose. O doutor Grenvil dille a Annina que Violetta non vivirá moito, xa que a súa tuberculose empeorou. A soas na súa habitación, Violetta le unha carta do señor Germont na que lle di que o barón só foi ferido no seu duelo con Alfredo; que informou a Alfredo do sacrificio que Violeta fixo por el e súa irmá; e que el enviará ao seu fillo a vela tan axiña como sexa posible para pedir o seu perdón (Violetta: "Teneste la promessa" - "Mantiveches promesa"). Mais Violetta sente que é demasiado tarde (Violetta: Addio del passato – "Despedida do pasado").

Annina apresúrase a entrar na habitación para dicirlle a Violetta que chegou Alfredo. Os amantes reúnense e Alfredo suxire que abandonen París (Alfredo, Violetta: Parigi, o cara, noi lasceremo – "Querida, deixaremos París" ).

Mais é demasiado tarde: ela sabe que o seu tempo se esgotou (Alfredo, Violetta: Gran Dio! morir si giovane – "¡Oh, Deus! Morrer tan nova"). O pai de Alfredo entra co doutor, lamentando o que fixo. Logo de cantar un dúo con Alfredo, Violetta revive rapidamente, exclamando que a dor e a incomodidade a abandonaron (Violetta, Alfredo, Germont, Anina, Grenvil: "Prendi, quest'è l'immagine" - "Toma, esta é a imagen dos meus días pasados"). Un momento despois, ela morre en brazos de Alfredo.

Instrumentación

editar

A partitura de Verdi require da utilización de:

Instrumentación de La traviata
Madeiras
2 frautas (II. dobrando piccolo), 2 óboes,

2 clarinetes e 2 fagots.

Metais
Catro trompas, 2 trompetas, 3 trombóns, cimbasso.
Percusión
Timbais, pratos, bombo e ferriños.
Cordas
Violíns primeiros, violíns segundos, violas, violonchelos e contrabaixos

Música en escena:

Estrutura

editar

Gravacións

editar
  1. José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
  2. Holden, p. 995
  3. Nuño, Moreno e Pascual, pp. 34-43
  4. 4,0 4,1 Instituto Nazionale di Studi Verdiani (ed.). "La traviata" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 22 de xuño de 2014. 
  5. Melitz: Fuente de la sinopsis

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar