Gran Teatro La Fenice
O Gran Teatro La Fenice ou simplemente La Fenice (o fénix) é un dos teatros de ópera máis famosos do mundo. Atópase na cidade de Venecia (Italia) e nel foron estreadas algunhas das óperas italianas máis famosas. O teatro foi destruído várias veces e reedificado, actualmente é a sede dunha importante tempada operística e do festival internacional de música contemporánea.
Gran Teatro La Fenice | |
---|---|
Fachada do teatro. | |
Cidade | Venecia |
País | Italia |
Arquitecto/s | Gian Antonio Selva |
Capacidade | 1.000 |
Inauguración | 1792 |
Reapertura | 12 de novembro de 2003 |
Na rede | |
https://www.teatrolafenice.it/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarLa Fenice foi construído rapidamente, en pouco máis dun ano, sendo inaugurado o 16 de maio de 1792 coa ópera de Giovanni Paisiello I giochi di Agrigento.
O 13 de decembro de 1836 foi destruído por un incendio, sendo reconstruído en seguida repetindo o proxecto orixinal. Tras cen anos, en 1937 foi restaurado por Eugenio Miozzi.
O 29 de xaneiro de 1996 ocorreu a outra grande traxedia cando outro lume provocado o destruíu por completo, este lume fora provocado polo electricista Enrico Carella na tentativa de evitar problemas contractuais por unha dilación no servizo que lle fora encomendado. Logo de oito anos de obras, o 14 de decembro do 2003 reinaugurouse cun concerto dirixido por Riccardo Muti.
Prime assolute
editar- 1813: Tancredi de Gioachino Rossini
- 1814: Sigismondo de Gioachino Rossini
- 1823: Semiramide de Gioachino Rossini
- 1824: Il crociato in Egitto de Giacomo Meyerbeer
- 1830: I Capuleti e i Montecchi de Vincenzo Bellini
- 1833: Beatrice di Tenda de Vincenzo Bellini
- 1835: Belisario de Gaetano Donizetti
- 1838: Maria de Rudenz de Gaetano Donizetti
- 1843: Ernani de Giuseppe Verdi
- 1846: Attila de Giuseppe Verdi
- 1851: Rigoletto de Giuseppe Verdi
- 1853: La traviata de Giuseppe Verdi
- 1857: Simon Boccanegra de Giuseppe Verdi
- 1901: Le maschere de Pietro Mascagni
- 1951: The Rake's Progress de Igor Stravinski
- 1954: The Turn of the Screw de Benjamin Britten
- 2007: Signor Goldoni de Luca Mosca
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Teatro La Fenice |
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |