Simon Boccanegra é unha ópera cun prólogo e tres actos, con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave, Giuseppe Montanelli e Arrigo Boito (responsable da revisión), baseado nunha obra teatral homónima de Antonio García Gutiérrez. A versión orixinal foi estreada en Teatro La Fenice de Venecia o 12 de marzo de 1857. Debido ás dificultades coa trama orixinal, presentouse unha versión revisada, con trocos de Arrigo Boito, no Teatro alla Scala de Milán o 24 de marzo de 1881. Esta é a versión, coa súa escena da Cámara do Consello como final do Acto I, que normalmente se representa na actualidade.

Simon Boccanegra
Simón Boccanegra
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos cun prólogo
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaF.M.Piave e posteriormente A. Boito
Fontes literariasBaseado no drama Simón Bocanegra, de Antonio García Gutiérrez (1843)
Estrea24 de marzo de 1857
24 de marzo de 1881 (2ª versión)[1]
Teatro da estreaLa Fenice
Teatro alla Scala (2ª versión)
Lugar da estreaVenecia
Milán (2ª versión)
Duración2 horas 15 minutos[2]
Música
CompositorGiuseppe Verdi
Personaxes

Simon Boccanegra (barítono)
Amelia Boccanegra (Grimaldi) (soprano)
Gabriele Adorno (tenor)
Jacopo Fiesco (baixo)
Paolo Albiani (baixo)
Pietro (barítono)[1]

Esta ópera segue no repertorio, aínda que non está entre as máis representadas; nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece no posto n.º 70 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 28.ª en Italia e a décimo terceira de Verdi, con 56 representacións.

Personaxes editar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea
12 de marzo de 1857[3]
(Director: — )
Versión revisada
Elenco na estrea
24 de marzo de 1881[3]
(Director: Franco Faccio)[4]
Simon Boccanegra, un corsario, máis tarde primeiro dogo de Xénova barítono Leone Giraldoni Victor Maurel
Maria Boccanegra, súa filla, coñecida como Amelia Grimaldi soprano Luigia Bendazzi Anna d'Angeri
Jacopo Fiesco, un nobre xenovés, coñecido como Andrea Grimaldi baixo Giuseppe Echeverria Edouard de Reszke
Gabriele Adorno, un cabaleiro xenovés tenor Carlo Negrini Francesco Tamagno
Paolo Albiani, un xoieiro e o cortesán favorito do dogo barítono Giacomo Vercellini Federico Salvati
Pietro, un líder popular xenovés e cortesán baixo Andrea Bellini Giovanni Bianco
Capitán dos arqueiros tenor Angelo Fiorentini
Doncella de Amelia mezzosoprano Fernanda Capelli
Soldados, mariñeiros, pobo, senadores, a corte do Dogo, prisioneiros – Coro

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Guía visual de la Ópera, Espasa.
  2. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en castelán) (1ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 179. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  3. 3,0 3,1 Lista de cantantes tomada de Budden, Julian: The Operas of Verdi (Cassell), vol 2, p. 244.
  4. Budden, Julian: The Operas of Verdi (Cassell), vol 2, p. 267



 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.