Charles Gounod

compositor francés

Charles-François Gounod, nado en París o 17 de xuño de 1818 e finado en Saint-Cloud o 18 de outubro de 1893, foi un compositor francés famoso sobre todo polas súas óperas e música relixiosa.

Charles Gounod
Nome completoCharles-François Gounod
Nacemento17 de xuño de 1818
Lugar de nacementoParís
Falecemento18 de outubro de 1893
Lugar de falecementoSaint-Cloud
CausaIctus
SoterradoCemitério de Auteuil
NacionalidadeFrancia
Alma máterConservatorio de París e Lycée Saint-Louis
Ocupacióncompositor de música clássica, musicólogo, profesor de música, organista e compositor
PaiFrançois-Louis Gounod
CónxuxeAnna Zimmerman
Coñecido porFaust, Roméo et Juliette e Funeral March of a Marionette
PremiosPrix de Rome, Royal Philharmonic Society Gold Medal, grande oficial da Lexión de Honor e comendador da Lexión de Honor
Na rede
IMDB: nm0006111 Allocine: 37828 Allmovie: p160780 IBDB: 11773
Spotify: 42Vmza0WYHdhsgxFmf9Tui iTunes: 11926 Last fm: Charles-François+Gounod Musicbrainz: cd4636e1-06a3-41fc-848a-624b84bbb023 Songkick: 351802 Discogs: 555462 IMSLP: Category:Gounod,_Charles Allmusic: mn0000153981 WikiTree: Gounod-2 Find a Grave: 7717 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Gounod era fillo dun pintor e dunha pianista.[1] Moi novo, entrou no Conservatorio de París, onde foi alumno de Jacques Fromental Halévy e Lesueur. En 1839, compuxo unha cantata (Ferdinand) e gañou o Prix de Rome,[2] un recoñecido premio para compositores novos, que daba dereito a unha bolsa de estudos en Italia.

Gounod foi a Roma, onde ficou por tres anos, e entrou en contacto coa música polifónica do século XVI, en especial coa música do compositor renacentista italiano Giovanni Pierluigi da Palestrina.[3] Tomado por ideas místicas (que nunca o abandonaron completamente), pensou en entrar no sacerdocio e comezou a compor música relixiosa.

Terminados os seus estudos en Italia, regresou a Francia, mais non sen antes pasar por Viena, e asumiu o cargo de organista na Igrexa das Misións Estranxeiras en París, que ocupou durante tres anos. Por volta desa época, coñeceu dúas mulleres que tiveron grande influencia na súa vida: unha foi a cantante Pauline Viardot, que o introduciu no mundo da ópera, e a outra foi Fanny Hensel, que presentou a Gounod o seu irmán, o célebre compositor Felix Mendelssohn.[4] A través de Mendelssohn, Gounod entrou en contacto coa música de Bach, entón pouco coñecida.[5]

A primeira ópera de Gounod, Sappho, estreouse en 1851. Seguírona varias óperas, mais as máis importantes foron Faust (1859), Mireille (1864), Roméo et Juliette (1867), as tres entre as máis populares do repertorio de ópera francés.

En 1852, Gounod converteuse no rexente da Orphéon Choral Society de París, para o que escribiu varias pezas de música coral, incluídas dúas misas.[3]

Ao estalar a guerra franco-prusiana (1870), Gounod refuxiouse en Inglaterra, onde permaneceu ata 1875. Aló, tivo unha amante inglesa, Georgina Weldon, e a súa música gozou dun grande éxito na Inglaterra vitoriana.[6]

Nos últimos anos da súa vida, Gounod só compuxo música relixiosa.

Obras editar

Óperas editar

Oratorios editar

  • 1866: Tobie
  • 1871: Gallia
  • 1878: Jésus sur le lac de Tibériade
  • 1882: La rédemption
  • 1883: Christus factus est
  • 1884: Mors et vita

Música sinfónica editar

  • Sinfonía n.º 1
  • Sinfonía n.º 2

Música de cámara editar

  • Cuarteto para cordas en la menor
  • Cuarteto para cordas n.º 1, en dó menor «Le petit quatuor»
  • Cuarteto para cordas n.º 2, en la maior
  • Cuarteto para cordas n.º 3, en fa maior
  • 1885: Petite symphonie para nove instrumentos de vento (unha ou dúas frautas, dous óboes, dous clarinetes, dúas trompas e dous fagots)

Notas editar

  1. Huebner, Steven. "Gounod, Charles-François", Grove Music Online, Oxford University Press, 2001. Consultado o 21 de novembro de 2019
  2. Hillemacher, p. 14
  3. 3,0 3,1 Charles Gounod. - Encyclopædia Britannica
  4. Harding, pp. 42–44
  5. Hendrie, pp. 5–6
  6. Harding, p. 166

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar