Abrir o menú principal

La Fille du régiment

La Fille du régiment (en galego, A filla do rexemento) é unha ópera cómica en dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en francés de Jean François Bayard e J. H. Vernoy de Saint-Georges, baseado nunha peza de Gollmick. Foi estreada o 11 de febreiro de 1840 na Opéra-Comique de París. Unha versión lixeiramente diferente en italiano (en tradución de Callisto Bassi: La figlia del reggimento) foi adaptada aos gustos do público italiano.

FormaÓpera cómica
Actos e escenas2 actos cun prólogo
Idioma orixinal do libretoFrancés
LibretistaJean François Bayard e J.H. Vernoy de Saint-Georges
Fontes literariasUnha obra de Gollmick.
Estrea14 de febreiro de 1840
Teatro da estreaOpéra-Comique
Lugar da estreaParís
Duración1 hora 15 minutos[1]
Música
CompositorGaetano Donizetti
Personaxes

A marquesa de Berkenfield (mezzosoprano)
Marie (soprano)
A duquesa de Krackenthorp (papel falado)
Sulpice (barítono)[2]
Tonio (tenor)
Hortensius (barítono)[3]
Un notario (papel falado)
Un oficial (barítono)

Esta obra segue no repertorio, aínda que non está entre as máis representadas; nas estatísticas de Operabase aparece no posto n.º 76 entre as 100 óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a número 31 en Italia e a cuarta de Donizetti, con 53 representacións.

PersonaxesEditar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 11 de febreiro de 1840
(Director: Gaetano Donizetti)
Marie, unha vivandière soprano de coloratura Giulietta Borghese
Tonio, un xove tirolés tenor Mécène Marié de l'Isle
Sargento Sulpice baixo Henry Deshaynes ("Henri")
A marquesa de Birkenfeld contralto Marie-Julie Halligner ("Boulanger")
Hortensius, un carniceiro baixo D. Delaunay-Ricquier
Un cabo baixo Georges-Marie-Vincent Palianti
Un campesiño tenor Henry Blanchard
A duquesa de Krakenthorp papel falado Marguerite Blanchard
Un notario papel falado Léon
Soldados franceses, pobo tirolés, sirvientes domésticos da duquesa

NotasEditar

  1. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 157. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. A Guía visual de la Ópera, Espasa, sinala baixo.
  3. A Guía visual de la Ópera, Espasa, sinala baixo.

Véxase taménEditar



 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.