Marilyn Horne

mezzosoprano estadounidense

Marilyn Horne, nada en Bradford (Pensilvania) o 16 de xaneiro de 1934, é unha mezzosoprano estadounidense, apreciada polas súas interpretacións de personaxes de óperas de Rossini e Händel. Durante a súa longa traxectoria musical, foi admirada polo seu amplo espectro vocal (dende contralto a soprano coloratura), a súa considerable habilidade para a actuación e a súa notable musicalidade.

Infotaula de personaMarilyn Horne

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xaneiro de 1934 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Bradford (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Sur de California
Music Academy of the West (en) Traducir
USC Thornton School of Music (en) Traducir
Long Beach Polytechnic High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor em Wikidata - 1999 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorOberlin College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoÓpera Editar o valor em Wikidata
AlumnosMegan Marie Hart (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoDecca Records Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeHenry Lewis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webmarilynhornefdn.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0395047 Spotify: 2X1SZFqImVgl59tWagfjcl Musicbrainz: 471087d4-3438-4f55-bb37-89cfe042b300 Discogs: 532270 Allmusic: mn0000779848 Genius: Marilyn-horne Editar o valor em Wikidata

Recibiu a Medalla Nacional das Artes (1992)[1] e os Kennedy Center Honors (1995).[2][3] Gañou catro premios Grammy.[4]

Traxectoria editar

Inicios editar

Nada en Pensilvania, a súa familia mudouse a Long Beach, California. Estudou con William Vennard na Universidade de Southern California e en Santa Barbara coa lendaria Lotte Lehmann na Music Academy of the West.[5][6] Pertenceu ao Roger Wagner Chorale e dobrou a Dorothy Dandridge no filme Carmen Jones ademais de cantar anuncios publicitarios.

Iniciou a súa carreira como soprano lírica evolucionando cara a unha das voces máis importantes aparecidas na segunda metade do século XX como mezzosoprano. A súa arte floreceu nun período en que outras grandes compañeiras de rexistro, como a española Teresa Berganza e as súas compatriotas Shirley Verrett e Grace Bumbry, contribuíron ao restablecemento da tradición perdida.

Carreira europea editar

A principios da década de 1960, Horne destacou cantando Richard Wagner, Mahler, Brahms e música dodecafónica. A primeira parte da súa carreira operística realizouna en Europa, na Ópera de Gelsenkirchen, onde probou a súa versatilidade cantando infinidade de papeis, dende Marie en Wozzeck a unha das Valquirias, Bach, Mozart, Beethoven, opereta e ópera italiana (Minnie, Mimi, Fulvia, Amelia). O seu debut en La Scala tivo lugar grazas á invitación de Igor Stravinski como Jocasta en Œdipus rex (1969) pero su consagración scalígera ocorreu posteriormente con Le siège de Corinthe de Rossini xunto ao debut doutra diva, a soprano Beverly Sills.

Rossini e o belcanto editar

A súa asociación artística coa gran soprano australiana Joan Sutherland (e o seu marido, o director Richard Bonynge) foi unha das máis exitosas da súa era; ambas levaron a arte do bel canto a un altísimo nivel especialmente como Norma e Adalgisa na ópera homónima de Bellini, unha das probas suprems para toda soprano e mezzosoprano, en Beatrice di Tenda, Semiramide de Rossini, Lucrezia Borgia e Anna Bolena de Donizetti.

Grazas á influencia dos directores Henry Lewis e Richard Bonynge, especializouse no difícil repertorio de coloratura do bel canto revivindo unha arte que parecía extinta.

Como Pauline Viardot e outras divas da época no século XIX, Horne destacou como ningunha no século XX como mezzosoprano de coloratura especializándose nos tres grandes roles de Rossini compostos para Isabella Colbran e orixinariamente para o rexistro, Rosina de Il barbiere di Siviglia, Angelina de La Cenerentola e Isabella de L'italiana in Algeri, así como La donna del lago e Tancredi.

Metropolitan Opera editar

O seu esperado debut no Metropolitan Opera foi como Adalgisa xunto a Sutherland en 1970 ao que seguiron actuacións como Orfeo, Rosina, Isabella, Amneris e en 1972 como Carmen dirixida por Leonard Bernstein. En 1977, dirixida por Henry Lewis e producida por John Dexter a ignota Le prophète de Giacomo Meyerbeer foi outro fito na súa carreira metropolitana na personaxe de Fides xunto a Renata Scotto e James McCracken.

En 1984 o MET montou por primeira vez unha ópera de Händel na súa honra: Rinaldo. Para ese teatro en 1991, John Corigliano compuxo o cameo de Samira, unha sátira á súa famosa Isabella, motivando unha celebrada aparición na ópera The Ghosts of Versailles. Horne reapareceu en 1995 como Genevieve nas funciós de Pelléas et Mélisande de Debussy celebrando o vinte e cinco aniversario da súa colega Frederica von Stade e en 1996 como Miss Quickly en Falstaff, que foron as súas últimas funcións no MET.

Outros roles foron os de Orfeo ed Euridice de Gluck, Orlando furioso de Vivaldi, Mignon de Thomas, Semele de Händel, Dalilah de Saint Saens, Amneris de Aida, Azucena de Il Trovatore, Miss Quickly de Falstaff, La Navarraise de Massenet, a Zia Principessa de Suor Angelica de Puccini. Á parte de Sutherland, foi relevante a súa participación con figuras como Luciano Pavarotti e Montserrat Caballé.

O 5 de xullo de 1986, actuou no tributo da New York Philharmonic polo centenario da Estatua da Liberdade, que foi televisado en ABC Television.[7]

En ocasión do centenario do Metropolitan Opera Horne foi recoñecido por The New York Times nun artigo asinado por Robert Jacobson como unha das 100 maiores cantantes na historia do teatro.

Vida persoal editar

Entre 1960 e 1974 estivo casada co primeiro director de orquestra afroamericano Henry Lewis (1932-1996) con quen tivo unha filla, Angela. Posteriormente casou co baixo Nicola Zaccaria (1923-2007).

En 1983 publicou as súas memorias coa colaboración de Jane Scovell. A segunda parte actualizada apareceu en 2004.

Retirouse en 1999, aparecendo ocasionalmente en recitais de música popular estadounidense. Estableceu The Marilyn Horne Foundation para preservar a arte do canto e deu clases magistrales no Oberlin College Conservatory of Music e na University of Oklahoma.

En decembro de 2005, pouco antes de cumprir 72 anos, foi diagnosticado un cancro de páncreas localizado.[8]

Discografía parcial editar

Notas editar

  1. "National Medal of Arts". arts.gov. Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  2. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2014. Consultado o 25 de agosto de 2014. 
  3. "Marilyn Horne, A Diva Now Serene, Is Among Kennedy Center Honorees". philly-archives. Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  4. "Past Winners Search". The GRAMMYs. Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  5. "Kennedy Center: Biographical information for Marilyn Horne". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2008. Consultado o 18 de agosto de 2019. 
  6. Horne, Marilyn; Scovell, Jane (2004). Marilyn Horn: the song continues. Baskerville Publishers, Inc. pp. 52. ISBN 1-880909-71-5. 
  7. "Liberty Receives Classical Salute". Sun Sentinel. 5 de xullo de 1986. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2015. Consultado o 18 de agosto de 2019. 
  8. "Opera News". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2009. Consultado o 18 de agosto de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar