Zubin Mehta
Zubin Mehta (en indio ज़ूबिन मेहता), nado o 29 de abril de 1936 en Mumbai (actualmente na India e daquela pertencente ao Imperio Británico), é un director de orquestra indio. É director vitalicio da ha-Tizmoret ha-Filharmonit ha-Yisre'elit (Orquestra Filharmónica de Israel).[1]
Zubin Mehta ज़ूबिन मेहता | |
---|---|
![]() Zubin Mehta en 2007. | |
Nome completo | Zubin Mehta |
Data nacemento | 29 de abril de 1936 (87 anos) |
Nado en | Mumbai, Raj Británico ![]() |
Cónxuxe | Nancy Kovack |
Irmáns | Zarin Mehta |
Ocupación | Director de orquestra |
Tempo en activo | 1958 — actualidade |
Na rede | |
www.zubinmehta.net | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria Editar
Zubin Mehta naceu o 29 de abril de 1937 en Mumbai no seo dunha familia parsi, descendente dos zoroastros que saíran de Persia no século XVII fuxindo do islam.[2] Mehta era fillo de Tehmina Mehta e do violinista e director de orquestra indio Mehli Mehta, que en 1935 fundou a Bombay Symphony Orchestra e que fora director musical da American Youth Symphony nos Ánxeles, California (Estados Unidos).[3][4] A relación da súa familia coa música académica occidental fixo posible que Mehta, a pesar de que a música occidental fora unha rareza na India, medrara escoitándoa constantemente, ben nos ensaios da orquestra ou nos do grupo de cámara que tiña seu pai e que adoitaban ensaiar no salón da súa casa.[2] Foi precisamente de seu pai de quen recibiu as súas primeiras ensinanzas musicais, recibindo clases de piano e violín, ao mesmo tempo que estudaba nas ecolas xesuítas de St. Mary's School e St. Xavier's College.[1][5][6]
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 Biografías y Vidas (ed.). "Zubin Mehta" (en castelán). Consultado o 4 de outubro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 Matheopoulos, p. 250
- ↑ "Mehli Mehta". Baker's Biographical Dictionary of Musicians. New York City: Schirmer Books. 2001. Gale Document Number: GALEK2420007898. Consultado o 4 de outubro de 2014.
- ↑ "Zubin Mehta.Biography" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2018.
- ↑ mid-day.com, ed. (13 de febreiro de 2014). "The incubator of excellence" (en inglés). Consultado o 4 de outubro de 2014.
- ↑ St. Xavier's College (ed.). "Xavier's Alumni/ae of Distinction" (PDF) (en inglés). p. 8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2019. Consultado o 4 de outubro de 2014. Arquivado 08 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zubin Mehta |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
A Galipedia ten un portal sobre: Música clásica |
Bibliografía Editar
- Matheopoulos, Helena. Ma Non Troppo, ed. Los grandes directores de orquesta. Barberà del Vallès. p. 369. ISBN 978-84-96924-22-2.
Ligazóns externas Editar
- Sitio web oficial (en inglés)
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |