Deutsche Grammophon

Deutsche Grammophon Records é un selo discográfico alemán especializado en música clásica, pertencente (2022) á empresa Universal Music Group, unha división do grupo francés Vivendi Universal. Foi fundada co nome de Deutsche Grammophon Gesellschaft o 6 de decembro de 1898 polo cidadán estadounidense de orixe alemán Emile Berliner como a filial alemá local da súa Berliner Gramophone Company, converténdoa na compañía discográfica máis antiga do mundo que aínda está en funcionamento.[1]

Deutsche Grammophon
FundadorEmile Berliner
DistribuidorasDeutsche Grammophon Records (nos Estados Unidos e o Reino Unido)
http://www.deutschegrammophon.com

Deutsche Grammophon sempre foi moi coñecido polos seus altos estándares de alta fidelidade.

Entre os intérpretes que gravaron coa compañía están Herbert von Karajan, Daniel Barenboim, Leonard Bernstein ou Maria João Pires.

Antiga fábrica de Deutsche Grammophon en Hannover.

Historia editar

Con sede na cidade alemá de Hannover, a compañía tiña inicialmente vínculos coa discográfica estadounidense Victor Talking Machine Company, que en 1929 pasou a chamarse RCA Victor, e coa británica HMV, que rematou coa Primeira guerra mundial.

 
Disco da Deutsche Grammophon Gesellschaft de Emile Berliner.

En 1941, a empresa de electrónica Siemens & Halske comprou o Deutsche Grammophon. En 1945, como parte dos termos da rendición de Alemaña ao final da segunda guerra mundial, Deutsche Grammophon perdeu os seus dereitos sobre a marca His Master's Voice, que pasou a ser propiedade da discográfica EMI. O can que escoitaba o gramófono, gravado por Emile Berliner o 16 de xullo de 1900, foi substituído pola "coroa de tulipáns" que deseñou o consultor de publicidade de Siemens Hans Domizlaff.[2]

En 1962, Siemens creou unha alianza corporativa coa empresa holandesa Philips que deu lugar ao grupo discográfico DGG/PPI, que pasou a incluír o selo discográfico PolyGram. Deutsche Grammophon tamén posuía o selo Polydor Records, o primeiro co que gravaron os Beatles .

Deutsche Grammophon foi pioneira na introdución masiva do disco compacto no mercado da música clásica coa produción e comercialización de gravacións de música clásica realizadas por Herbert von Karajan e a Filharmónica de Berlín desde 1983, sendo a primeira gravación a Sinfónica Alpina (Eine Alpensinfonie) de Richard Strauss.

En 1987 Siemens vendeu a súa participación en Deutsche Grammophon e Philips converteuse no accionista maioritario. En 1998, a empresa canadense Seagram Company Ltd. comprou Deutsche Grammophon e Polygram a Philips. Deutsche Grammophon fusionouse desde entón co Universal Music Group, unha división do grupo francés Vivendi Universal.

Deutsche Grammophon ten un enorme catálogo de gravacións notables. A compañía está a reeditar unha parte destes baixo o selo Originals. Os CD originals etiquetados son recoñecibles polo seu deseño que recrea o aspecto dos discos de vinilo e as súas fundas orixinais.

Notas editar

  1. Billboard – Google Books. Books.google.com. 15 de setembro de 1973. Consultado o 28 de febreiro de 2013. 
  2. Emil Berliner Studios. "EMIL BERLINER STUDIOS - About us - Chronicle". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2020. Consultado o 6 de outubro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar