Abrir o menú principal

L'italiana in Algeri (en galego, A italiana en Arxel) é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Angelo Anelli, baseado nun texto anterior seu musicado por Luigi Mosca. A música é característica do estilo de Rossini, notable pola súa fusión de enerxía sostida con melodías elegantes e prístinas. Foi estreada no Teatro San Benedetto de Venecia o 22 de maio de 1813.

1930-Italiana-in-Algeri.jpg
Portada do libreto, editor Attilio Barion Sesto San Giovanni - Milán 1930.
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaAngelo Anelli
Fontes literariasbasado en su texto anterior puesto en escena por Luigi Mosca
Estrea22 de maio de 1813
Teatro da estreaTeatro San Benedetto
Lugar da estreaVenecia
Duración2 horas 15 minutos[1]
Música
CompositorGioachino Rossini
Localización da partituraArchivio della Casa Ricordi, Milán
Personaxes

Isabella (mezzosoprano ou contralto)
Elvira (soprano lírica ou lixeira)
Zulma (mezzosoprano)
Haly (baixo buffo)
Mustafá (baixo)
Lindoro (tenor lírico)
Taddeo (barítono)[2]
Eunucos, escravos, piratas[3]

Rossini compuxo L'italiana in Algeri cando tiña 21 anos, uns meses despois de ter estredado Tancredi. Segundo parece, a ópera foi composta nun mes, aínda que algunha fonte cre que en menos días, e o mesmo Rossini dixera que a escribira en tan só 18 días. Foi un éxito notable e fóronlle introducidos canvios progresivos para as actuacións posteriores en Venencia, Milán e Nápoles, durante os seguintes dous anos. A ópera destaca pola mestura que fai Rossini dos estilos de ópera seria e ópera cómica.

Os cantantes deben ser moi hábiles e volubles. Son considerables o dúo de Mustafa e Lindoro, Se inclinassi a prender moglie e a altura das notas que canta Elvira, na introdución e ao final do primeiro acto. A obra contén tamén fermosas arias como a de Isabella, Cruda sorte! Amor tiranno!, e a de Lindoro, Langui por una hermosa. A abertura é igualmente coñecida.

A ópera narra a historia de Isabella, unha italiana que marcha a Alxelia para conseguir a liberdade do seu amado, Lindoro, escravo dun home moi poderoso do país, Mustafá. A heroína tentou tamén axudar na relación matrimonial entre Mustafá e a súa dona, Elvira.

Esta ópera foi reposta frecuentemente logo da Segunda Guerra Mundial con moitas producións exitosas. Actualmente é unha ópera frecuentemente representada, con 48 producións en 43 cidades dende xaneiro de 2009.[4] Nas estatísticas de Operabase aparece no posto número 55 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 25.ª en Italia e a terceira de Rossini, con 82 representacións.

PersonaxesEditar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 22 de maio de 1813
(Director: - )
Isabella, a italiana contralto Marietta Marcolini
Lindoro, namorado de Isabella tenor Serafino Gentili
Taddeo, un italiano ancián baixo Paolo Rosich
Mustafà, O Bei de Arxel baixo Filippo Galli
Elvira, súa dona soprano Luttgard Annibaldi
Zulma, a súa confidente mezzosoprano Annunziata Berni Chelli
Haly, o capitán da garda do Bei baixo Giuseppe Spirito
Mulleres do harén (papel mudo); eunucos, piratas, escravos, mariñeiros - Coro masculino

NotasEditar

  1. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 132. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. A Guía visual de la Ópera, Espasa, sinala baixo.
  3. José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
  4. Lista de Operabase.com Dende o 1 de xaneiro de 2009

Véxase taménEditar



 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.