Luciano Pavarotti
Luciano Pavarotti, nado nas aforas de Módena o 12 de outubro de 1935 e finado na mesma cidade o 6 de setembro de 2007, foi un tenor italiano e un dos cantantes máis famosos de ópera do século XX.
Luciano Pavarotti | |
---|---|
![]() Pavarotti en San Petersburgo en 2003. | |
Nome completo | Luciano Pavarotti |
Data nacemento | Módena, ![]() |
Nado en | 12 de outubro de 1935 |
Falecemento | 6 de setembro de 2007 (71 anos) |
Módena | |
Causa | cancro de páncreas |
Soterrado | cemetery of Montale Rangone |
Cónxuxe | Adua Veroni e Nicoletta Mantovani |
Irmáns | Gabriella Pavarotti |
Ocupación | Cantante |
Xénero | Ópera |
Instrumento(s) | Voz |
Tipo de voz | Tenor |
Tempo en activo | 1960-2006 |
Na rede | |
www.lucianopavarotti.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |

Vida editar
Foi fillo único dun panadeiro amante da ópera chamado Fernando Pavarotti (1912-2002), que estimulou a Luciano a comezar os seus estudos no mundo do canto lírico. A súa nai chamábase Adele Venturi (1915-1999), e traballaba nunha fábrica cigarreira. Traballou un breve tempo como profesor de primaria logo de graduarse. As súas primeiras incursións vocais deunas no coro de Módena xunto ao seu pai.
A pesar de que Luciano falaba con cariño da súa infancia, a realidade é que viviu certas penurias, aínda que a felicidade podería ser interpretada de formas diversas. A súa familia tiña escasos recursos económicos; os seus catro membros apiñábanse nun apartamento de dous cartos. A segunda guerra mundial forzou a súa familia a evacuar a cidade en 1943 e no ano seguinte tiveron que alugar un cuarto a un granxeiro na campiña próxima, onde Luciano desenvolveu interese pola agricultura.
O 7 de xullo de 2006 foi operado dun cancro de páncreas nun hospital de Nova York. Faleceu ás 5 da mañá do xoves 6 de setembro do 2007 por un fallo renal derivado do cancro.
Traxectoria profesional editar
Ópera editar
Debutou o 29 de abril de 1961 no papel de Rodolfo na ópera La Bohème de Puccini, no pazo da ópera de Reggio Emilia e consagraríase no rol de Tonio da ópera A filla do rexemento coa súa difícil aria de nove notas e dó de peito.
Pavarotti foi moi solicitado en teatros de todo o mundo ata o seu retiro na Ópera Metropolitana de Nova York, en marzo do 2004, onde interpretou o papel do pintor Mario Cavardossi en Tosca, de Giacomo Puccini.
Música popular editar
No seu achegamento á música popular, gravou duetos con Eros Ramazzotti, Sting, Andrea Bocelli, Frank Sinatra, Michael Jackson, e aínda inéditos, co brasileiro Caetano Veloso e o grupo de rock irlandés U2. Cos tenores españois Plácido Domingo e José Carreras, formou o trío Los Tres Tenores (The Three Tenors).
Durante varios anos dende 1991, Pavarotti apoiou a organización War Child, e recadou fondos para a construción dun centro de musicoterapia en Mostar. Para iso anualmente organizaba concertos en Módena baixo o título "Luciano Pavarotti and friends", onde ademais participaban outras personalidades da música internacional, como Anastacia.
Repertorio editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luciano Pavarotti |
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |